Termos e condicións de uso

Definición do usuario do sitio web Abeancos.gal

Defínese como usuario do servizo abeancos.gal, de agora en adiante «usuario», á persoa ou entidade que utilice, reproduza ou modifique o conxunto dos datos que se ofrecen no servizo abeancos.gal

Tamén se considera «usuario» á persoa que crea ou ofrece aplicacións e/ou servizos que se alimentan dos datos do servizo abeancos.gal

Licenza aplicable á reutilización dos datos

A utilización dos datos e servizos provistos neste sitio web supón a aceptación destas condicións de uso, aínda que o feito de aceptalas non supón a concesión ao usuario dos dereitos de autoría nin de propiedade intelectual sobre o conxunto dos datos.

 


Licenza Creative Commons
Proxecto abeancos.gal de Equipo Abeancos ten unha licenza Creative Commons Atribución-Compartir igual 4.0 Internacional.
Con base nunha obra dispoñíbel en http://www.aculturadaauga.org/.


Garantía e responsabilidade sobre o conxunto dos datos

abeancos.gal ofrece o conxunto dos datos dispoñibles tal e como constan nos seus ficheiros, e a pesar dos esforzos por xestionar o conxunto dos datos, non podemos asegurar a integridade, a actualización, a precisión ou o acceso continuo a este conxunto dos datos, e non ofrece ningunha garantía neste sentido.

abeancos.gal pode en calquera momento, engadir, eliminar ou modificar o conxunto dos datos publicados e/ou estas condicións de uso. O anuncio destes cambios publicarase nas canles habituais de comunicación da Asociación Melisa. Calquera cambio será efectivo dende o seu momento da publicación, a menos que se notifique o contrario.