Crismón da igrexa de San Martiño de Oleiros

Crismón da igrexa de San Martiño de Oleiros

Información

Tipo: 
Elemento singular
Acceso a pé: 
Bo
Estado de conservación: 
Moi bo
Concello - Parroquia: 
Toques - San Martiño de Oleiros
Situación detallada: 
Eirexe
Cronoloxía: 
Finais do século XIII

Coordenadas

Latitude: 
42º 55´ 52,04´´ N
Lonxitude: 
7º 58´ 11,05´´ W
X: 
584.069,15
Y: 
4.753.681

© dos colaboradores do OpenStreetMap

Descrición

O lintel da porta sur da igrexa de San Martiño de Oleiros trátase dun elemento de primeira orde, non tanto polas súas propiedades sustentantes, que xa van implícitas, senón polos motivos representados na cara frontal que reproducen un crismón trinitario de feitura inequivocamente medieval (este feito indica que se trata dun elemento reaproveitado na actual arquitectura do século XIX). 

O lintel presenta unha forma pentagonal e no centro aparece unha circunferencia en forma de anel. No interior aparece a letra grega P (a Ro ou R latino), sobre o P trázase un X (Ji ou Chi grega). Estas dúas letras son as iniciais do nome de Cristo en grego, ou sexa XP. Sobre a P superpónselle unha cruz e alóngase o pau da P para entrelazar sobre ela un S. Deste xeito temos ante nós ós caracteres que simbolizan ás tres figuras da Santísima Trinidade::

  • O P (letra "erre" maiúscula grega) identifica a P latina e significa Pai, é dicir, Deus.
  • O X inicial do nome grego de Cristo representa ó fillo de Deus, é dicir a segunda persoa da Santísima Trinidade.
  • O S inicial tanto de Spíritus, de Sanctus alude á terceira persoa da Santísima Trinidade, é dicir ó Espírito Santo.

Esta conxunción de letras é a que lle outorga ao Crismón a significación de Crismón Trinitario. 

Dentro da circunferencia, flanqueando ás letras vemos as palabras, moi ben definidas, LUX e REX. A Lux significa luz e Rex significa rei, verbas que aluden ás naturezas divinas de Cristo. 

Fora da circunferencia aparecen, de maneira ornamental, motivos vexetais (tallos, follas e rosetas de cinco pétalos), de moi coidada e elaborada realización. 

Na Terra de Melide atópase outro crismón trinitario nunha casa particular da aldea do Meire (Melide), que segundo Xosé Manuel Broz, podería tratarse do lintel da porta do hospital de peregrinos do Leboreiro. 

BIBLIOGRAFÍA:

- Broz Rei, Xosé Manuel: "Santantoíño de Toques", ano 2011.

- Delgado Gómez, Javier: "Un segundo crismón trinitario en la comarca melidense". Boletín nº 11 do Centro de Estudios Melidenses-Museo da Terra de Melide, ano 1998.

 

Outros elementos do catálogo