Cruceiro de Furelos

Cruceiro de Furelos

Información

Tipo: 
Cruceiro
Acceso a pé: 
Bo
Estado de conservación: 
Bo
Concello - Parroquia: 
Melide - San Xoán de Furelos
Situación detallada: 
Furelos
Cronoloxía: 
Ano 1808

Coordenadas

Latitude: 
42º 54´ 32,38´´ N
Lonxitude: 
7º 59´ 57,07´´ W
X: 
581.695,27
Y: 
4.751.194,57
Indicacións: 

© dos colaboradores do OpenStreetMap

Descrición

Sobre este cruceiro parroquial, situado nun extremo do adro da igrexa de San Xoán de Furelos, existe unha referencia documental no Libro de Fábrica na que se fala como se establece no ano 1808 "... construir de nuebo toda la pared del atrio de dha Yglesia con helebación de seis quartas incluso el cabalete, con sus dos correspondientes puertas a fin de que no entren en el los ganados y obrar varias yrreberencias, poniendo en el citado atrio y sitio más cómodo un crucero que se ara de decente". Este dato é moi relevante xa que nos fala da delimitación do adro mediante muro elevado e da orixe deste cruceiro.

O cruceiro consta de catro elementos: pedestal, varal, capitel e cruz. En esencia correspóndese cun cruceiro sinxelo no que a ornamentación consíguese mediante a utilización de elementos xeométricos e moldurados.

A estrutura descansa sobre un pedestal de planta cadrada e con perfís moldurados, traducidos nun estreitamento central a media cana. O varal ou fuste é de sección octogonal, con cambio de sección nos extremos, que se troca en cadrada. O capitel é tamén de sección cadrada e perfís moldurados, cunha estreita greca denticulada, como o cruceiro da parroquia da Capela (Toques). A cruz presenta as caras en chafrán, xerando unha sección hexagonal, os seus extremos aseméllanse a bonetes ou gorros clericais, como o de Vimianzo (Santiso).

Broz Rei recolle que ata el acódese en procesión pola Santa Lucía, festividade que ten lugar o 13 de decembro, e tamén polo Corpus Christi e polas rogativas de San Marcos.

BIBLIOGRAFÍA:

-Broz Rei, Xosé Manuel: "Os cruceiros da Terra de Melide". Publicado no Boletín nº 2 do Centro de Estudos Melidenses-Museo da Terra de Melide. 1983

-Broz Rei, Xosé Manuel: "As igrexas de Melide". Publicado no Boletín nº 8 do Centro de Estudos Melidenses- Museo da Terra de Melide. 1993.

-Broz Rei, Xosé Manuel: "A Terra de Melide de Xosé Manuel Broz Rei". 2001.

 

Outros elementos do catálogo