Mámoa de Losoiro
Información
Coordenadas
© dos colaboradores do OpenStreetMap
Galería
Descrición
Esta é unha mámoa moi destacada na paisaxe, situada no alto do monte do Castro no extremo sur da Serra do Careón, a unha altitude de 708 m. A mámoa conta cun excelente dominio visual. Dende o alto poden verse as localidades de Melide, Arzúa, Palas de Rei e Monterroso. Ó mesmo tempo a mámoa é visible dende o propio centro de Melide, a pesar de situarse a unha distancia en liña recta de 6,65 km.
Esta mámoa está na actualidade no medio dos aeroxeradores do Parque eólico do Careón.
Trátase dun túmulo duns 22 m. de diámetro e unha altura de 1,70 m. No centro presenta un cono de violación (resultado de antigos espolios “na procura de tesouros”).
O máis importante, se cabe, é que ó ser unha mámoa tan prominente na paisaxe, levou a que en 1834, o eminente xeógrafo e matemático Domingo Fontán, a utilizase como estación topográfica para mediante triangulacións, elaborar a Carta xeométrica de Galicia, e incluso aparece representada nese preciso e detallado mapa.
BIBLIOGRAFÍA:
- Vázquez Neira, Cristina e Broz Rodríguez, Xurxo: "A mámoa de Losoiro no Mapa de Fontán". Boletín nº 28 do Centro de Estudios Melidenses-Museo da Terra de Melide, ano 2015.