Mámoa Foxo do Cabrito

Información

Tipo: 
Elemento arqueolóxico
Acceso a pé: 
Regular
Estado de conservación: 
Malo
Concello - Parroquia: 
Toques - Santa Mariña de Brañas
Situación detallada: 
Foxo do Cabrito
Cronoloxía: 
3500-2200 a.C.

Coordenadas

Latitude: 
43º 0´ 57,42´´ N
Lonxitude: 
7º 55´ 18,91´´ W
X: 
587.850,15
Y: 
4.763.149,77

© dos colaboradores do OpenStreetMap

Descrición

Trátase dunha anta que aínda conserva sete chantos da cámara pero non a tampa. Na parte sur-surleste hai un oco bastante grande entre os esteos que pode corresponderse coa entrada do monumento.

Os ortostatos (chantos) da cámara asoman na parte central dun túmulo bastante rebaixado en altura, o que desdebuxa moito o perfil da mámoa. Estes chantos na actualidade están cubertos de musgo e tanto na cámara como no conxunto do túmulo, existe abundante vexetación arbórea e con moita silva, xa que se atopa nunhas parcelas a monte. Para poder acceder a esta anta é preciso pasar a través de prados particulares pechados con arame, o que restrinxe a súa visita.

O topónimo Foxo do Cabrito está relacionado cun foxo para cazar lobos que hai nas inmedicacións e do que aínda quedan restos.

Lenda asociada:

Segundo  informacións de veciños desta aldea, do seu interior saía unha galiña con pitos.

 

 

Outros elementos do catálogo