Illa de Altura

Illa de Altura

Información

Tipo: 
Patrimonio natural
Acceso a pé: 
Malo
Estado de conservación: 
Bo
Concello - Parroquia: 
Santiso - San Cosme de Beigondo
Situación detallada: 
Beigondo
Cronoloxía: 
Sen definir

Coordenadas

Latitude: 
42º 51´ 54,96´´ N
Lonxitude: 
8º 8´ 36,92´´ W
X: 
569.957,26
Y: 
4.746.208,73
Indicacións: 

© dos colaboradores do OpenStreetMap

Descrición

No Encoro de Portodemouros creado no curso do río Ulla na década de 1960 (iniciado en 1964, sendo inaugurado en 1968) formouse unha grande illa fluvial con motivo do encoramento de río e do asolagamento das aldes e das terras ribeiráns de Beigondo, Visantoña (Santiso) e Viñós (Arzúa). Esta illa coñecida na actualidade como Illa de Altura ataa construción do embalse coñecíase como Couto de Altura, sendo este unha elevación natural destacada na paisaxe e sita nun meandro fluvial existente na desembocadura do Rego do Muíño nas augas do Río Iso, que tributan a escasa distancia, na cunca do Ulla.

A Illa conta cunha pranta máis ou menos triangular e resulta moi destacada en altura, posto que acada unha cota de 328 m sobre o nivel do mar, partindo dunha rasante da lámina do encoro que se sitúa a uns 80 m respecto á cota máis elevada da Illa, é dicir, que estando o encoro no máximo do seu caudal estaríamos a falar duns 240 m sobre o nivel do mar, co cal a Illa acadaría unha altitude de algo máis de 80 m.

Boa parte da superficie deste antigo couto está cuberta de arborado, aínda que nela existen amplas áreas de raso. Nas fotos aéreas pode apreciarse con claridade a antiga rede de camiños de monte que discorrían polo couto de Altura e tamén os límites das antigas zarras ou terreos de labor, nos que con so botarlle un ollo, pode entenderse claramente a parcelación minifundista destas antigas propiedades agrarias. 

Na actualidade ese tipo de actividades xa non se levan a cabo, senón que a illa está destinada á aproveitamento forestal así como a actividades cinexéticas. Nos meses da seca, cando o encoro baixa o seu caudal, resulta posible acceder á illa a través dunha plataforma de terra dende as aldeas de O Seixo e do Penedo pertencentes á Viñós (Arzúa), parroquia na que chama a moito a atención o vello templo parroquial en estado de ruína e abandono, onde a súa espadana, xa sen campás, é testemuña dun ostracismo derivado dunha modernidade mal entendida, posto que no intre de construción do encoro, sen verse absolutamente afectada esta edificación, alguén se lle ocorreu levantar un novo templo parroquial cando a vella aldea da Igrexa de Viñós non se ía ver afectada polo encoramento.

Outros elementos do catálogo