Software empregado no proxecto
Empregamos Drupal como CMS/Framework para o desenvolvemento deste sitio web. Drupal é un programa libre, con licenza GNU/GPL, escrito coa linguaxe PHP, que se pode combinar con MySQL, que está sendo desenvolvido e mantido por unha ampla comunidade de usuarios e programadores.
OpenStreetMap (tamén coñecido polas súas siglas OSM) é un proxecto aberto e colaborativo para crear mapas libres, gratuítos e editables. As trazas dos mapas créanse empregando información obtida de dispositivos GPS, fotografías aéreas ou de satélites, e outras fontes como bases de datos da administración pública.
Inkscape é un editor gráfico de vectores distribuído baixo unha licenza libre (GNU/GPL), que permite crear e editar gráficos vectoriais como ilustracións, diagramas, liñas, gráficos, logotipos e ilustracións complexas. O formato principal que se utiliza é Scalable Vector Graphics (SVG) versión 1.1
LibreOffice é unha suite ofimática libre e de código aberto desenvolvida por The Document Foundation. Foi creado a partir dunha rama de OpenOffice.org en 2010. En MeLiSA só utilizamos os compoñentes de LibreOffice para realizar os nosos documentos de texto, ou follas de cálculo.
Darktable é un programa de procesdado fotográfico en formato RAW de código aberto. A diferencia de programas como Adobe Photoshop ou Gimp, traballa cun conxunto de ferramentas orientadas ao procesamento de imaxes RAW non destructivo. Empregouse para o tratamento das fotografías gardadas en formato RAW.