A orixe do software libre comeza case no principio da informática, cando os programadores intercambiaban libremente as súas ideas, consellos e código fonte. Pouco a pouco, isto foise reducindo segundo as empresas (e ás veces as propias universidades) poñían obstáculos neste libre intercambio de coñecementos, empregando as leis de propiedade intelectual e de patentes para isto.
A idea moderna de software libre comezou despois de que en 1983, Richard Stallman inicia o proxecto GNU, e nos seguintes anos, fóronse formulando diversos conceptos ideolóxicos e filosóficos, como as catro liberdades.
Licenzas, acceso aos datos e liberdade !
Tódolos datos, textos e imaxes do proxecto están liberados baixo licenza Creative Commons. En concreto, baixo o formato BY-SA, que garantiza a reutilización dos datos e a apertura do proxecto, incluso con fins comerciais, mentres se respecte a autoría, e as novas obras se distribúan baixo as mesmas condicións.
Cremos no software e na cultura libre. Promovemos a liberdade na distribución das nosas aportacións á sociedade, e tamén, por suposto, na modificación das mesmas.