Acceso aos datos

Un dos obxectivos do proxecto «abeancos.gal» é a publicación da maior cantidade de datos empregando formatos estruturados, evitando na medida do posible os formatos privativos, e que se poidan manexar de xeito automatizado por diferentes ferramentas informáticas.

Cando se publican os datos de xeito estruturado e enriquecido, o que estamos a facilitar é a súa reutilización e incorporación a outras aplicacións para o seu posterior manexo. O uso de formatos abertos, e estándares recoñecidos, permite que estes datos sexan tratados desde diferentes ferramentas sen necesidade de ter que adquirir licenzas de uso.

Documentos estáticos

  • CSV (Comma Separated Values): é un formato simple para o almacenamento de datos tabulares en texto plano (sen formato), e que é moi utilizado para o intercambio de información, por exemplo, entre diferentes programas de xestión de follas de cálculo, aínda que teñan licenzas privativas.

Recomendado para traballar con follas de cálculo, como LibreOffice Calc, que está incluído na suite ofimática LibreOffice. Este formato é 100% compatible coa suite privativa Microsoft Office.

Descargar CSV

  • TXT (Ficheiro de texto plano): é un formato que contén texto simple, sen formato de ningún tipo.

Recomendado para engadir como referencia textual noutros documentos. Ao tratarse de texto sen formato, publicado baixo licenza libre, é moi sinxelo de copiar e pegar. En todo caso, deben respectarse as condicións de uso do sitio.

Descargar TXT

Datos dinámicos

  • Servizo RESTful (REpresentational State Transfer): é unha Interface de Programación de Aplicacións (API) que utiliza peticións HTTP. REST é soportado polos navegadores web, e pode considerarse a linguaxe nativa de Internet. Están implementadas en multitude de sitios, como Amazon, Twitter ou Google. O uso é sinxelo: o comando GET serve para recuperar un recurso, PUT para modificar ou actualizar o estado, POST para crealo, e DELETE para eliminar un recurso.
  • XML (Extensible Markup Language): é unha metalinguaxe extensible de etiquetas, entendida como unha maneira de definir linguaxes para diferentes necesidades, e particularmente para o intercambio de información estruturada entre diferentes plataformas. Describe os datos de forma que, empregando etiquetas, sexa posible estruturalos, tal como o fai HTML, pero que neste caso non están predefinidas, senón que podemos definir novos vocabularios para cubrir as nosas necesidades.

Consultar XML

Imaxes

  • Tódalas imaxes do proxecto empregadas nas fichas dos elementos patrimoniais están dispoñibles para a súa descarga. As imaxes foron cedidas polos diferentes colaboradores, e son propiedade da asociación Melisa. Recorda que para poder empregalas, debes respectar a autoría, así como as condicións de uso do sitio.

Descargar imaxes