Castro de Vilamor ou de Cardelle

Información

Tipo: 
Elemento arqueolóxico
Acceso a pé: 
Regular
Estado de conservación: 
Bo
Concello - Parroquia: 
Toques - Santo Estevo de Vilamor
Cronoloxía: 
Idade do Ferro –Romanización. S.VII a.C.-II d.C.

Coordenadas

Latitude: 
42ª 57´ 4,50´´ N
Lonxitude: 
7º 56´ 60´´ W
X: 
585.656
Y: 
4.755.938

© dos colaboradores do OpenStreetMap

Descrición

O Castro de Vilamor sitúase nun cume elevado (a 628m. de altitude), nunha dorsal de estribación da Serra do Careón. Conta por tanto cun amplo dominio visual e dunhas condicións de defensa natural moi favorables.

Presenta forma ovalada, co eixo maior en sentido leste-oeste (73 m de diámetro), e cunhas dimensións de 52m. no eixo norte-sur. Consta dun único recinto, correspondente coa croa, que vai cercada por un parapeto, que oscila entre os 3 e os 6 m. de altura, que se abre cara o suroeste para definir o acceso.

O parapeto que protexe á croa séguelle un segundo parapeto que reforza as defensas na zona da entrada.

En todo o sector noroeste e norte desenvólvese unha superficie aterrazada contigua ó parapeto principal.

No “Terra de Melide”, Florentino López Cuevillas dá conta doutras estruturas defensivas situadas no cuadrante nordeste, que deberon sufrir sucesivas explanacións para traballos agrícolas, modificando a súa morfoloxía. Nese cuadrante desenvolvíase un foxo dun ancho de 5m. entre os dous parapetos.

No Museo da Terra de Melide expóñense restos de materiais procedentes do Castro, así como unha maqueta deste.

BIBLIOGRAFÍA:

- González Méndez, Matilde: "La revalorización del patrimonio arqueológico. La definición de un programa para el ayuntamiento de Toques, A Coruña". Xunta de Galicia, ano 2000.

- López Cuevillas, Florentino: "Prehistoria de Melide" en "Terra de Melide". Seminario de Estudios Galegos, ano 1933.

 

 

Outros elementos do catálogo