Igrexa de Santa María de Ordes

Igrexa de Santa María de Ordes

Información

Tipo: 
Arquitectura relixiosa
Acceso a pé: 
Bo
Estado de conservación: 
Bo
Concello - Parroquia: 
Toques - Santa María de Ordes
Situación detallada: 
Ordes, Santa María de Ordes
Cronoloxía: 
Séculos XII- XIII

Coordenadas

Latitude: 
42º 57´26,53´´ N
Lonxitude: 
7º 59´28,39´´ W
X: 
582.281
Y: 
4.756.574,34

© dos colaboradores do OpenStreetMap

Descrición

Trátase dunha igrexa parroquial rural de arquitectura románica, aínda que foi moi reformada no ano 1912, perdendo boa parte da súa fábrica orixinal. A pesar diso conta con interesantes elementos orixinais, como poden ser a portada principal, na fachada oeste, de arco de medio punto, formado por cinco grandes doelas, remarcado por unha chambrana de moldura de caveto con decoración de bolas, que tamén se repiten nas impostas que sosteñen o arco. Tamén se pode ver a ábsida semicircular coroada por unha cornixa apoiada sobre nove canzorros, con decoración xeométrica (rolos, nacelas e proas). Pode comprobarse como faltan algúns na parte norte.

No interior pode verse o arco triunfal, que se atopa na actualidade revocado e pintado. Trátase dun arco de medio punto, lixeiramente peraltado e dobrado que descansa sobre unhas impostas molduradas, (a do lado dereito con decoración de bolas, semellantes ás da portada exterior). Baixo as impostas sitúanse sendos capiteis con decoracións vexetais (follas nervadas), sobre columnas monolíticas lisas e de sección semicircular. 

Detrás do retablo, do século XVII, consérvanse unhas pinturas murais datadas no século XVI, en moi mal estado de conservación. 

BIBLIOGRAFÍA:

- Broz Rei, Xosé Manuel: "Novas aportacións ó Románico da Terra de Melide". Boletín nº 1 do Centro de Estudios Melidenses-Museo da Tera de Melide, ano 1982.

- Broz Rei, Xosé Manuel: "A Terra de Melide de Xosé Manuel Broz Rei", ano 2001.

- Broz Rei, Xosé Manuel: "Novas aportacións o patrimonio da Terra de Melide: A igrexa de Santa María de Ordes". Boletín nº 18 do Centro de Estudios Melidenses-Museo da Terra de Melide, ano 2005.

- Broz Rei, Xosé Manuel: "Santantoíño de Toques", ano 2011.

 

 

Outros elementos do catálogo