Castronela de Castelo

Castronela de Castelo

Información

Tipo: 
Elemento arqueolóxico
Acceso a pé: 
Bo
Estado de conservación: 
Bo
Concello - Parroquia: 
Toques - San Paio de Paradela
Situación detallada: 
Castelo
Cronoloxía: 
Altomedieval

Coordenadas

Latitude: 
42º 58´ 53,23´´ N
Lonxitude: 
7º 57´ 44,26´´ W
X: 
584.607,36
Y: 
4.759.277,60

© dos colaboradores do OpenStreetMap

Descrición

Trátase dunha das tres castronelas identificadas no concello de Toques polos arqueólogos da USC

Unha castronela é un xacemento de cronoloxía altomedieval (s. VI d.C.-IX d.C.) constituído a partir dunha elevación artificial de terra, definida por uns eixes regularmente establecidos e dotados de liñas defensivas. No seu interior albergan un asentamento estable tipo torre ou casa forte. Soen contar cun amplo dominio visual para favorecer o caracter defensivo deste tipo de estructuras. A miúdo poden confundirse cun castro da Idade do Ferro, aínda que as defensas deste tipo de recintos medievais son menos monumentais e elaboradas. 

A castronela de Castelo trátase dunha estrutura artificial fortificada provista na parte posterior dun foxo circundante, e disposta en dous niveis, a modo de plataformas escalonadas, ambas en pendente, aínda que máis pronunciada a superior, que remata nos restos dun muro de terra ao pe do foxo.

O recinto presenta unha planta subcadrangular cunhas esquinas orientadas en función dos puntos cardinais.

No ano 1988 arqueólogos da USC realizaron sondaxes nela, nos que se documentou unha estrutura de pedra dentro do recinto, correspondéndose coa cimentación dalgún tipo de torre. 

Na actualidade as plataformas da castronela están a prado en combinación con masas de arborado autóctono.

No concello de Toques coñécense outras dúas castronelas na aldea de Baamonde, tamén na parroquia de Paradela, e outra preto da aldea de Brañas.

BIBLIOGRAFÍA:

- González Méndez, Matilde: "La revalorización del patrimonio arqueológico. La definición de un programa para el ayuntamiento de Toques, A Coruña". Xunta de Galicia, ano 2000.

- VV.AA.: "Arqueología del paisaje. El área Bocelo-Furelos entre los tiempos paleolíticos y medievales". Xunta de Galicia, ano 1991.

Outros elementos do catálogo