Fonte do Requeixo

Fonte do Requeixo

Información

Tipo: 
Fonte
Acceso a pé: 
Bo
Estado de conservación: 
Regular
Concello - Parroquia: 
Melide - San Salvador de Abeancos
Situación detallada: 
Requeixo
Cronoloxía: 
Sen definir

Coordenadas

Latitude: 
42º 56´ 8,11´´N
Lonxitude: 
8º 0´ 7,03´´ W
X: 
581.434,67
Y: 
4.754,144,80
Indicacións: 

© dos colaboradores do OpenStreetMap

Descrición

A fonte do Requeixo ven a ser unha fonte de "arqueta" a rentes do chan e situada baixo o nivel de cimentación dun muro de cachotaría dunha vivenda. En realidade máis que unh fonte como tal é unha arqueta ou receptáculo de captación dun manancial de augas que agroman no terreo natural, de feito é frecuente a formación de burbullas producidas a tal efecto. 

O confinamento ou delimitación do nacente aparece orlada por unha parediña de ladrillo recebado e moi escasamente sobresaínte en altura respecto á rasante da pista pública ó carón da que se sitúa.  O espazo que abrangue mide 177 cms. de longo por 65 cms. de lado, acadándose unhe unha fondura de 86 cms, que coincide co afloramento da rocha natural que presenta un relevo moi irregular.

O máis curioso é que as augas sobrantes están canalizadas por debaixo da pista, e serven de abastecemento a un pequeno lavadoiro situado a 7 mts. ó norte da fonte, recollido o mesmo nunha arquitectura en cemento a xeito de caseto, que protexe da exposición ós elementos climatolóxicos a esta estrutura de uso cotiá, que tamén foi realizada en cemento.

Os veciños alaban as virtudes das augas da fonte, sostendo que ademais de ser moi boas para o consumo, contan coa partcularidade de ser moi fresquiñas nos meses estivais e mornas nos de meses do frío.

 

Outros elementos do catálogo