Cruceiro de Folladela

Cruceiro de Folladela

Información

Tipo: 
Cruceiro
Acceso a pé: 
Bo
Estado de conservación: 
Regular
Concello - Parroquia: 
Melide - San Pedro de Folladela
Situación detallada: 
Eirexe
Cronoloxía: 
Século XVII-XVIII

Coordenadas

Latitude: 
42º 57´ 13,48´´ N
Lonxitude: 
8º 0´ 29,56´´ W
X: 
580.899,95
Y: 
4.756.155,43
Indicacións: 

© dos colaboradores do OpenStreetMap

Descrición

Este cruceiro emprázase nunha encrucillada de camiños nas inmediacións da Igrexa parroquial de San Pedro de Folladela. Entre ambos camiños prodúcese un desnivel significativo o que condiciona o asentamento do cruceiro, que se solventa mediante unha plataforma de tres chanzos adaptada á pendente. Sobre dita plataforma descansa o pedestal ou basa do mesmo de feitura troncopiramidal, en cuxas caras presenta restos dos atributos da paixón de Cristo en mal estado de conservación produto da erosión.

Neste pedestal insírese o fuste ou vara de sección circular, que segue patróns renacentistas posto que presenta estriados lonxitudinais con boceis remarcados na metade inferior. 

O capitel é derivado do composto con follas de acanto na parte inferior, e con volutas na superior entre as que se intercalan cabezas de anxos.

A cruz é de deseño lineal, recrucetada polas dúas caras e carente de figuración, aínda que na cara sur presenta unha cartela na parte superior coa inscrición INRI, o que induce a pensar que dita cara foi concibida para a incorporación dun Cristo crucificado.

O cruceiro conta con diversos elementos de ferro para a reparación de fracturas e fixación dos elementos. Conta cunha argola na parte superior do fuste na transición co capitel, dunhas grampas na coroación do capitel e tamén nun dos brazos da cruz.

BIBLIOGRAFÍA:

- Broz Rei, Xosé Manuel: "Os Cruceiros da Terra de Melide". Boletín nº 2 do Centro de Estudios Melidenses-Museo da Terra de Melide, ano 1983.

- Broz Rei, Xosé Manuel: "A Terra de Melide de Xosé Manuel Broz Rei", ano 2001.

 

Outros elementos do catálogo