Cruceiro de Ordes

Cruceiro de Ordes

Información

Tipo: 
Cruceiro
Acceso a pé: 
Bo
Estado de conservación: 
Bo
Concello - Parroquia: 
Toques - Santa María de Ordes
Situación detallada: 
Ordes
Cronoloxía: 
Século XVII

Coordenadas

Latitude: 
42º 57´ 26,09´´ N
Lonxitude: 
7º 59´ 27,60´´ W
X: 
582.299,20
Y: 
4.756.561,15
Indicacións: 

© dos colaboradores do OpenStreetMap

Descrición

O cruceiro sitúase ao carón da igrexa parroquial de Santa María de Ordes, no exterior do adro da mesma.

Trátase dun dos máis fermosos cruceiros da Terra de Melide emparentado, tipoloxicamente falando, co de Baltar (Melide) e o de Novela (Santiso). Tamén é de destacar o moi bo estado de conservación que presenta. 

Consta de cinco partes, como é recorrente nos cruceiros deste tipo: gradas, pedestal, fuste, capitel e cruz.

  • O graderío ou plataforma con deseño trocopiramidal consta de cinco chanzos ou gradas molduradas con remate en bocel.
  • O pedestal, tamén de deseño troncopiramidal, reproduce catro caveiras nos ángulos entre as que se representan os atributos da paixón de Cristo: tenaces, corazón con tres cravos, martelo, flaxelo, cruz con coroa de espiñas, escada, lanza, píntega e sapo, ademais da lenda "SE RETIFICO SIENDO CURA D. JOSÉ DÍAZ DE 1881"
  • O fuste é estriado e presenta sección circular. A media altura, mirando cara a igrexa, aparece a imaxe sobre peana de San Lourenzo, sostendo na man a grella do seu martirio.
  • O capitel de estilo composto representa follas, volutas e anxos.
  • A cruz é recta e figurada. No anverso aparece representado Cristo crucificado con tres cravos e sobre el unha cartela que pon INRI. No reverso aparece a Virxe da Inmaculada en posición orante sobre peana con cara de anxo e flanqueada por tres querubíns.

 BIBLIOGRAFÍA:

- Broz Rei, Xosé Manuel: "Os Cruceiros da Terra de Melide". Boletín nº 2 do Centro de Estudios Melidenses-Museo da Terra de Melide, ano 1983.

- Broz Rei, Xosé Manuel: "A Terra de Melide de Xosé Manuel Broz Rei", ano 2001.

- Broz Rei, Xosé Manuel: "Santantoíño de Toques", ano 2011.

Outros elementos do catálogo