Cruceiro de Santa María

Cruceiro de Santa María

Información

Tipo: 
Cruceiro
Acceso a pé: 
Bo
Estado de conservación: 
Regular
Concello - Parroquia: 
Melide - Santa María de Melide
Situación detallada: 
Santa María de Melide, Melide
Cronoloxía: 
Século XVII

Coordenadas

Latitude: 
42º 54´ 40,34´´ N
Lonxitude: 
8º 1´ 29,30´´ W
X: 
579.601,08
Y: 
4.751.415,68

© dos colaboradores do OpenStreetMap

Descrición

Na Praza de Santa María de Melide, no itinerario do Camiño Francés, atopamos este cruceiro a pouco metros da igrexa románica, aínda que en orixe estaba situado ó carón dela. 

Trátase dun exemplar de cruceiro barroco, que evoca pautas renacentistas. 

Consta de cinco partes diferenciadas: plataforma, basa ou pedestal, fuste, capitel e cruz.

- A plataforma consta de tres gradas ou chanzos, a inferior escasamente sobresaínte. 

- A basa ou pedestal presenta feitura troncopiramidal e carece de decoración, aínda que tivo inscrición coa lenda da fundación.

- O fuste é de estilo renacentista, estriado e con boceles entre as estrías na metade inferior.

- O capitel é derivado do composto con follas, cabezas de anxo e volutas nas esquinas.

- A cruz é de trazos rectilíneos, e nunha das súas caras representa a Xesucristo crucificado, con tres cravos e cos dedos índice e corazón, das dúas mans, en actitude de bendicir. Sobre este disponse unha cartela coa inscrición INRI. Na actualidade ten colocadas unhas grampas de ferro, na intersección dos paus da cruz, por causa dunha fractura.

O día cinco de agosto, festividade da Virxe das Neves, acódese ata o cruceiro en procesión.

BIBLIOGRAFÍA:

- Broz Rei, Xosé Manuel: "Os cruceiros da Terra de Melide". Boletín nº 2 do Centro de Estudios Melidenses-Museo da Terra de Melide, ano 1983.

- Broz Rei, Xosé Manuel: "A Terra de Melide de Xosé Manuel Broz Rei", ano 2001.

 

Outros elementos do catálogo