Dolmen de Forno dos Mouros

Dolmen de Forno dos Mouros

Información

Tipo: 
Elemento arqueolóxico
Acceso a pé: 
Bo
Estado de conservación: 
Moi bo
Concello - Parroquia: 
Toques - San Paio de Paradela
Situación detallada: 
A Moruxosa, San Paio de Paradela, (Toques). Na divisoria con Concello de Sobrado dos Monxes
Cronoloxía: 
III milenio a.C. (Período Neolítico)

Coordenadas

Latitude: 
43º 0´ 42´´ N
Lonxitude: 
7º 58´ 33´´ W
X: 
583.457
Y: 
4.762.645
Indicacións: 

© dos colaboradores do OpenStreetMap

Vídeo

Descrición

Correspóndese cun monumento funerario colectivo do tipo coñecido como anta (dolmen). O monumento englóbase nun túmulo de terra de 20 m. de diámetro, cuberto por unha coiraza de pedras. No interior do túmulo ou mámoa, atópase unha cámara megalítica conformada por sete grandes chantos, en disposición poligonal cubertos por unha gran laxe a modo de tapa. A entrada sitúase no extremo sur-leste, estando precedida por un corredor de acceso sen cubrir, feito en  dous tramos.

Nun dos chantos da cámara  apareceron durante a escavación arqueolóxica do ano 1989, unhas representacións pictóricas en cores vermella e negra de motivos en zigzag, sobre unha base de cor branca. Na actualidade estas pinturas non son visibles, xa que foron cubertas para a súa mellor conservación.

Esta anta forma parte dunha necrópole de 29 mámoas aliñadas co Camiño Real que discorre ó longo da divisoria principal da Serra do Bocelo.

BIBLIOGRAFÍA:

- González Méndez, Matilde: "La revalorización del patrimonio arqueológico. La definición de un programa para el ayuntamiento de Toques, A Coruña". Xunta de Galicia, ano 2000.

- López Cuevillas, Florentino: "Prehistoria de Melide" en "Terra de Melide". Seminario de Estudios Galegos, ano 1933.

- VV.AA.: "Arqueología del paisaje. El área Bocelo-Furelos entre los tiempos paleolíticos y medievales". Xunta de Galicia, ano 1991.

 

Outros elementos do catálogo