Castro da Graña
Información
Coordenadas
© dos colaboradores do OpenStreetMap
Galería
Descrición
Castro de forma ovalada que consta dun único recinto rodeado por unha muralla. Mide 90m. no eixo noreste-suroeste e 60m. no eixo noroeste-surleste. Trátase dun asentamento moi elevado e con amplo dominio visual emprazado nun outeiro a unha altitude de 557 m.
Foi escavado por arqueólogos da USC entre os anos 1987-1993.
Nas escavacións documentáronse tres fases de ocupación:
- Unha primeira fase entre os séculos VIII- VII a.C. na que se documentaron as improntas de fondos de cabana realizadas en madeira e de planta circular.
- Unha segunda fase na que os fondos de cabana van delimitados por zócalos de pedras fincadas.
- E unha terceira fase, xa de época romana en torno ós séculos Id.C.-IId.C. definida pola presenza de edificacións rectangulares de pedra, así como polo recubrimento pétreo da muralla do Castro e da realización do camiño de entrada ó mesmo escavado parcialmente na rocha e delimitado por lenzos murarios, conferíndolle unha notable monumentalidade ó poboado.
Nas campañas de escavación recuperáronse moitos materiais da vida cotiá do Castro como cerámica, útiles líticos, fíbulas, doas de colar, muíños de man, obxectos e ferramentas de ferro, etc, depositados e expostos na actualidade no Museo da Terra de Melide.
BIBLIOGRAFÍA:
- González Méndez, Matilde: "La revalorización del patrimonio arqueológico. La definición de un programa para el ayuntamiento de Toques, A Coruña". Xunta de Galicia, ano 2000.
- López Cuevillas, Florentino: "Prehistoria de Melide" en "Terra de Melide". Seminario de Estudios Galegos, ano 1933.
- Meijide Cameselle, Gonzalo e Acuña Castroviejo, Fernando: "Escavacións arqueolóxicas no Castro da Graña". Boletín nº 4 do Centro de Estudios Melidense-Museo da Terra de Melide, ano 1988.
- Meijide Cameselle, Gonzalo: "Trinta anos de escavacións arqueolóxicas galego-polacas no Castro da Graña e Val do Río Furelos, Toques, A Coruña (1987-1994). Boletín nº 30 do Centro de Estudios Melidenses-Museo da Terra de Melide, ano 2017.