Escola de Baltar

Información

Tipo: 
Arquitectura civil
Acceso a pé: 
Bo
Estado de conservación: 
Bo
Concello - Parroquia: 
Melide - Santiago de Baltar
Situación detallada: 
Eixe de Lamas
Cronoloxía: 
Ano 1907

Coordenadas

Latitude: 
42º 58´ 4,17´´ N
Lonxitude: 
8º 6´ 43,76´´ W
X: 
572.404,67
Y: 
4.757.624,12

© dos colaboradores do OpenStreetMap

Descrición

Edificio localizado nunha carballeira e a 30m. ó norleste dunha propiedade na que se localizaba a desaparecida igrexa vella de Baltar.

O edificio presenta planta en forma de T, e conta cunha soa altura. Os esquinais foron feitos con perpiaños de cantería e os paramentos aparecen revocados e pintados en cor crema con zócalo gris. Accédese á porta de entrada mediante unha escalinata. A porta conta cun lintel en forma de arco (na clave lese a data de construción no ano 1907). Sobre o lintel disponse a cartela co nome da escola e sobre ela un pequeno óculo. No cume do tellado, a dúas augas, colocouse un pináculo decorativo.

A escola conta cun patio traseiro pechado cun muro, no interior deste patio consérvase unha pequena edificación anexa que conta cun forno no seu interior.

Trátase dunha vella escola unitaria tradicional, moi ben conservada, que foi un dos escenarios escollidos para a serie da TVG Libro de Familia, ademais da magnífica carballeira de Grobas.

 

Outros elementos do catálogo