Fonte da Praza do Convento

Fonte da Praza do Convento

Información

Tipo: 
Fonte
Acceso a pé: 
Bo
Estado de conservación: 
Malo
Concello - Parroquia: 
Melide - San Pedro de Melide
Situación detallada: 
O Castelo, Melide
Cronoloxía: 
Século XIX

Coordenadas

Latitude: 
42º 54´ 49,48´´ N
Lonxitude: 
8º 1´ 7,69´´ W
X: 
580.087,80
Y: 
4.751.703,41
Indicacións: 

© dos colaboradores do OpenStreetMap

Descrición

Esta fonte pasa bastante desapercibida, posto que mudou de emprazamento na década dos 80 para a actual ubicación, ao carón da Capela do Carme, no alto do Castelo.

Desta fonte, hoxe incompleta, consérvase o piar central e a pía de recollida de auga. En orixe contaba asemade cun altar de pedra adosado na parte traseira, como pode verse en fotos das décadas dos anos 20 e 30. Contaba tamén con catro pinos ou peóns de pedra nos extremos, para pousar as sellas e sobre o piar central erguíase unha cruz de gran tamaño de madeira, conmemorativa das misións pastorais.

Hoxe unicamente contamos con esas dúas pezas citadas ao principio (piar e pía). O primeiro elemento (piar) consta de tres pezas: un basamento cadrangular rematado por unha moldura que serve de apoio dunha segunda peza, tamén de feitura cadrangular, con aristas angulosas e con catro caras lisas, aínda que nunha delas aparece un resalte ou abultamento circular en forma de medallón, no que se insire a billa. Rematando o conxunto disponse un coroamento moldurado sobresaínte, na que estaba insertada a cruz de madeira (hoxe aínda existe o oco cadrado no que estaba encaixada). 

O segundo elemento consiste nunha pía monolítica de sección oitavada, moi erosionada, con forma de copa, concibida para a recollida das augas.

Esta fonte foi instalada na Praza do Convento no ano 1889, durante o mandato do alcalde Don Antonio Ron Varela, quen promove a instalación de dúas fontes públicas: esta e a do Pilón, ou dos Catro Canos.

BIBLIOGRAFÍA:

- Broz Rei, Xosé Manuel: "Etnografía de Melide". Boletín nº 9 do Centro de Estudios Melidenses-Museo da Terra de Melide, ano 1995.

- Broz Rei, Xosé Manuel: "A Terra de Melide de Xosé Manuel Broz Rei", ano 2001.

- Broz Rei, Xosé Manuel: "A Vila de Melide", ano 2016.

 

Outros elementos do catálogo