Fonte Lavadoiro de Chorén

Fonte Lavadoiro de Chorén

Información

Tipo: 
Fonte
Acceso a pé: 
Bo
Estado de conservación: 
Bo
Concello - Parroquia: 
Santiso - Santa María de Barazón
Situación detallada: 
Chorén
Cronoloxía: 
Século XX

Coordenadas

Latitude: 
42º 51´ 20,62´´ N
Lonxitude: 
8º 1´ 22,16´´ W
X: 
579.834,52
Y: 
4.745.256,76
Indicacións: 

© dos colaboradores do OpenStreetMap

Descrición

Esta fonte e lavadoiro sitúase na marxe oeste da vella estrada que comunicaba Melide e Agolada, nun núcleo de casas constituído nas marxes de dita estrada. 

A fonte atópase acubillada nun recanto protexido por unha cuberta de madeira realizada con pontóns e táboas que serven de apoio do tellado. 

Este elemento de uso meramente funcional consta de tres partes principais: fonte, pilón e pedra de lavar. O máis destacado é o pilón, xa que conta cun frontal ornamental remarcado por unha moldura perimetral que conta con dous entrepanos no seu interior. Esta peza de grandes dimensións (1,76 m de longo por 52 cm. de altura) semella tratarse dun elemento reaproveitado (podendo tratarse dun tramo de varanda dunha solaina dunha edificación pacega) e adaptado ó novo uso, xa que nun dos seus extremos practicóuselle un burato para servir de aliviadoiro do pilón. Dito pilón conta con outro muro lateral, liso, que está rematado por unha pequena pedra de lavar realizada en cemento. A fonte en sí contaba cun verquedoiro de canteiría, ó que lle acoplaron unha tubaxe metálica para servir de cano, e sobre el instalouse recentemente unha pedra  de granito cadrangular, labrada e ornamentada con moldura, de realización mecánica, que pode tratarse do tapiado da arqueta ou oco do que parte o verquedoiro, que vai encastrada no muro de cachotaría do caseto que acolle ó elemento.

É de salientar que por riba do tellado do caseto onde se ubica a fonte-lavadoiro está situado un hórreo tradicional de dúas estremas, realizado con pes e ucheiras de canteiría e armazón e carpintería de madeira pintada en cores branca e vermella. A presenza deste hórreo axuda a embelecer e harmonizar o conxunto.

 

 

Outros elementos do catálogo