Hospital de peregrinos do Leboreiro

Información

Tipo: 
Arquitectura civil
Acceso a pé: 
Bo
Estado de conservación: 
Malo
Concello - Parroquia: 
Melide - Santa María do Leboreiro
Situación detallada: 
O Leboreiro
Cronoloxía: 
S. XII reedificado no s. XV

Coordenadas

Latitude: 
42º 53´ 17,05´´ N
Lonxitude: 
7º 57´ 57,48´´ W
X: 
584.435,46
Y: 
4.748.903,80

© dos colaboradores do OpenStreetMap

Descrición

Situado na praciña da igrexa do Leboreiro, onde tamén se sitúa un cabaceiro tradicional. Trátase dun inmoble dunha soa planta con forma de T na actualidade xa que lle engadiron unha corte que dificulta a visión da fachada sur, a principal. Edificado con aparello de perpiaño de cantería agás a corte que está feita con cachotería.

Noméase xa nun documento do ano 1164 “in burgo que vocitant hospitale de monte Leporario” o que confirma que neses momentos os peregrinos xa utilizan o Camiño Francés en detrimento do Primitivo.

Na parede dun forno da aldea do Meire colocouse, fora de contexto, un lintel coa representación dun crismón trinitario que se considera procedente da porta do hospital (datado entre eo séculos XI-XIII).

A finais do século XV pasa ó padroado dos Ulloa que colocan dous escudos da súa linaxe nas fachadas sur e oeste, que aínda poden verse. No lenzo sur ábrese unha porta reformada, na que ó seu carón, hai duas mochetas con representacións de cabezas humanas.

O conxunto monumental do Leboreiro complétase coa igrexa, ponte medieval e un cruceiro do século XVII.

BIBLIOGRAFÍA:

- Broz Rei, Xosé Manuel: "A nobreza da  Terra de Melide". Boletín nº 5 do Centro de Estudios Melidenses-Museo da Terra de Melide, ano 1990.

- Broz Rei, Xosé Manuel: "O Románico da Terra de Melide no Camiño de Santiago". Boletín nº 7 do Centro de Estudios Melidenses-Museo da Terra de Melide, ano 1992.

- Broz Rei, Xosé Manuel: "A Terra de Melide de Xosé Manuel Broz Rei", ano 2001.

- Delgado Gómez, Jaime: "El crismón trinitario de Leboreiro (Melide)". Boletín nº 9 do Centro de Estudios Melidenses-Museo da Terra de Melide, ano 1995.

 

Outros elementos do catálogo