Igrexa do Leboreiro

Igrexa do Leboreiro

Información

Tipo: 
Arquitectura relixiosa
Acceso a pé: 
Bo
Estado de conservación: 
Bo
Concello - Parroquia: 
Melide - Santa María do Leboreiro
Situación detallada: 
O Leboreiro
Cronoloxía: 
Finais do s. XIII-principios do s. XIV

Coordenadas

Latitude: 
42º 53´ 17,11´´ N
Lonxitude: 
7º 57´ 56,46´´ W
X: 
584.459,20
Y: 
4.748.905,84

© dos colaboradores do OpenStreetMap

Descrición

Igrexa composta por unha nave rectangular e ábsida semicircular. A portada principal, situada ó oeste presenta un arco apuntado (oxival) que acolle un tímpano  feito dunha soa peza. Representa á  Virxe sedente, co Neno no colo, e flanqueada por dous anxos portadores de filacterias e incensarios. Esta figuración correspóndese co século XIV. No lateral norte ábrese outra porta provista dun lintel no que aparece gravada unha cruz potenzada.

No exterior destácase tamén un Agnus Dei situado sobre o testeiro así como os canzorros figurados da ábsida.

No interior destácase o arco triunfal de medio punto dobrado con representacións de cruces e signos nas doelas. E tamén consérvase un panel no lenzo sur da nave, con pintura mural do século XVI que representan a flaxelación de Cristo, o martirio de San Sebastián e dúas mulleres sen rostro que pode corresponderse cunha escena da visitación.

Tamén é de destacar unha imaxe do século XIV da Virxe, sedente có Neno no regazo, feita en madeira policromada (e repintada), que se atopa no interior da igrexa parroquial.

BIBLIOGRAFÍA:

- Álvarez Carballido, Eduardo: "Santa María de Liboreiro". Publicado en Galicia Diplomática nº 37, ano 1889.

- Broz Rei, Xosé Manuel: "Os Románico da Terra de Melide no Camiño de Santiago". Boletín nº 7 do Centro de Estudios Melidenses-Museo da Terra de Melide, ano 1992.

- Broz Rei, Xosé Manuel: "As igrexas de Melide". Boletín nº 8 do Centro de Estudios Melidenses-Museo da Terra de Melide, ano 1993.

- Broz Rei, Xosé Manuel: "A Terra de Melide de Xosé Manuel Broz Rei", ano 2001.

- Broz Rei, Xosé Manuel: "Novas aportacións ó patrimonio da Terra de Melide: Bestiario de pedra na Terra de Melide". Boletín nº 19 do Centro de Estudios Melidenses-Museo da Terra de Melide, ano 2006.

- Carro, Xesús, Camps, Emilio e Fernández Oxea, Xosé Ramón: "Arqueoloxía relixiosa de Melide" en "Terra de Melide". Seminario de Estudios Galegos, ano 1933.

Outros elementos do catálogo