Inscrición na Ponte de Mourazos

Información

Tipo: 
Elemento singular
Acceso a pé: 
Bo
Estado de conservación: 
Malo
Concello - Parroquia: 
Agolada - Santa María de Berredo
Situación detallada: 
Santa María de Berredo (Agolada)/ San Xurxo de Mourazos (Santiso)
Cronoloxía: 
Século IX

Coordenadas

Latitude: 
42º 50´ 9,40´´ N
Lonxitude: 
8º 2´ 32,04´´ W
X: 
578.273,57
Y: 
4.743.041,69

© dos colaboradores do OpenStreetMap

Descrición

A actual ponte de Mourazos cruza o Río Ulla entre os concellos de Agolada e Santiso, trátase dunha ponte de construción recente feita en formigón, que foi levantada no mesmo lugar no que en épocas anteriores existiron alomenos outras tres, que  foron substituíndo unhas ás outras.

No lugar non se conserva nada do que puido ser a primitiva ponte levantada no século IX, que se trataría dunha ponte de pedra con arcadas. O que si se conserva na beira sur, correspondente ó Concello de Agolada, é unha inscrición gravada nunha pedra, que na actualidade se atopa caída na beira do río e coas letras boca abaixo (polo que se ven do revés).

Durante o inverno e primavera, debido o aumento do caudal do Río Ulla, a pedra permanece mergullada baixo as augas. Cando baixa o caudal é factible ver a inscrición, que fala da data da súa realización.

Está escrita en latín, con caligrafía moi ben executada. A súa transcrición sería: “Construíron esta ponte na era 900 e foi rematada o día dez das calendas de maio” (actualizado ó actual calendario, correspóndese coa data do 23 de abril do ano 862).

Literalmente pode lerse parte do texto incompleto:

“+ LABORABERV

ESTAPONTEIN ERA  d CCCC -

ET FVIT PERFECTA. X KLS M”

É unha das poucas inscricións deste tipo que se conservan en Galicia. Coñécense outras dúas similares no concello de Vila de Cruces e outra no de Silleda. A Súa presencia da fe da existencia dos vellos camiños de tránsito en época medieval.

 

BIBLIOGRAFÍA:

- Broz Rei, Xosé Manuel: "Novas aportacións ó patrimonio da Terra de Melide: A inscrición da Ponte Mourazos". Boletín nº 24 do Centro de Estudios Melidenses-Museo da Terra de Melide, ano 2011.

- Broz Rei, Xosé Manuel: "Santiso na Terra de Abeancos", ano 2013.

 

Outros elementos do catálogo