Muíño do Redondo

Muíño do Redondo

Información

Tipo: 
Arquitectura popular
Acceso a pé: 
Bo
Estado de conservación: 
Bo
Concello - Parroquia: 
Toques - Santo Estevo de Vilamor
Situación detallada: 
Vilamor, San Estevo de Vilamor (Concello de Toques)
Cronoloxía: 
Sen definir

Coordenadas

Latitude: 
42º 56´ 21,31´´ N
Lonxitude: 
7º 57´ 3,16´´ W
X: 
585.597
Y: 
4.754.604

© dos colaboradores do OpenStreetMap

Vídeo

Descrición

O Muíño do Redondo sitúase na marxe norte do rego de Irago. Trátase dun magnífico exemplo de muíño de pozo ou de cubo.

O que máis chama a atención deste muíño realizado en aparello de cachotería non é tanto o propio muíño, que só conta cun rodicio, senón a espectacular canle de abastecemento de auga así como o seu elevado cubo ou pozo de precipitación de auga, que lle garante gran presión e caudal necesaria para accionar o rodicio.

A canle, moi elevada, aseméllase ó sistema de abastecemento de auga sobreelevado característico dos  acuedutos de construción romana. As dimensións da canle falan por si solas, xa que acada os 60 m. de longo e 1,50 m. de ancho. Na base desta estrutura realizóuselle unha porta ou vano para facilitar a comunicación entre ambas partes do prado ser ter que rodear todo o conxunto.

Na Terra de Melide existen outros exemplos de muíños con acueduto  como poden ser o “Muíño de San Xiao” en Toques ou o “Muíño do Alto” en Xubial (Melide), o que da mostra da singularidade do patrimonio popular destas terras de interior.

 

 

Outros elementos do catálogo