Pedrafita do Casal

Información

Tipo: 
Elemento arqueolóxico
Acceso a pé: 
Bo
Estado de conservación: 
Moi bo
Concello - Parroquia: 
Melide - Santa María de Campos
Situación detallada: 
Lugar de O Casal
Cronoloxía: 
3500-1800 a.C.

Coordenadas

Latitude: 
42º 53´ 56.06´´ N
Lonxitude: 
8º 2´ 34.05´´ W
X: 
578.148,50
Y: 
4.750.032,96

© dos colaboradores do OpenStreetMap

Descrición

Localizado casualmente no ano 2012, desmontando un valado de pedra para anchear unha pista. A pedrafita atopábase deitada facendo de base do valo. Trátase probablemente do meirande menhir de Galicia, de feitura inequivocamente antrópica, realizada en “ollo de sapo” (gneis ocelar).

Foi recolocada, erguida, no extremo surleste da finca na que foi atopada, arrimada a unha pista asfaltada.

Ten forma de améndoa alongada, de caras simétricas e vértice apuntado. Acada unha altura estimada nuns 5 m., dos que son visibles 3,30 m., a parte inferior está soterrada, e segundo testemuñas dos propietarios presenta forma redondeada na base e sección en cuña.

Na superficie non presenta gravuras ou debuxos. A Pedrafita sitúase a 132m. ó sur-surleste do Castro de Campos e a 359m. ó oeste da Mámoa do Real.

BIBLIOGRAFÍA:

- Vázquez Neira, Cristina e Broz Rodríguez, Xurxo: "¿Novos chantos megalíticos na Terra de Melide?". Boletín nº 25 do Centro de Estudios Melidenses-Museo da Terra de Melide, ano 2012.

- Vázquez Neira, Cristina e Broz Rodríguez, Xurxo: "Pedrafita do Casal (parroquia de Campos, Melide): O menhir máis grande de Galicia". Artigo no blog do Museo da Terra de Melide, xullo 2015.

- Vázquez Neira, Cristina e Broz Rodríguez, Xurxo: "Pedrafitas ou menhires en Melide e contorna". Artigo publicado no blog do Museo  http://museodaterrademelide.blogspot.com/, xullo de 2018.

Outros elementos do catálogo