Os Castros

Os Castros

Información

Tipo: 
Elemento arqueolóxico
Acceso a pé: 
Bo
Estado de conservación: 
Bo
Concello - Parroquia: 
Toques - Santa Mariña de Brañas
Situación detallada: 
Casas Castros.
Cronoloxía: 
Idade do Ferro –Romanización. S.VII a.C.-II d.C.

Coordenadas

Latitude: 
43º 0´ 57.27´´N
Lonxitude: 
7º 57´ 9.01´´ W
X: 
585.358,03
Y: 
4.763.113,63
Indicacións: 

© dos colaboradores do OpenStreetMap

Descrición

É o maior castro da Terra de Melide e probablemente o que está a maior altitude (695m.). Mide 370m. de longo en sentido oeste-suroeste/leste-norleste. Consta de cinco recintos ou espazos habitacionais delimitados por estruturas defensivas.

Foi obxecto de campañas de escavación arqueolóxica nos anos 1988-1990 pola USC, nas que se documentaron alomenos dúas fases de ocupación. Unha propia da Idade do Ferro, caracterizada por fondos de cabanas de planta circular, de madeira, delimitadas por pedras fincadas. E outra fase de cronoloxía romana (século Id.C.-IId.C.), na que as edificacións son rectangulares, con esquinas redondeadas e divididas en estancias. Estas vivendas contan  con muros de aparello de cachotería e pavimentos de xabre no interior.

Na actualidade aínda poden verse as estruturas habitacionais que foron descubertas nas campañas de escavación, no interior da croa.

BIBLIOGRAFÍA:

- González Méndez, Matilde: "La revalorización del patrimonio arqueológico. La definición de un programa para el ayuntamiento de Toques, A Coruña". Xunta de Galicia, ano 2000.

- López Cuevillas, Florentino: "Prehistoria de Melide" en "Terra de Melide". Seminario de Estudios Galegos, ano 1933.

- VV.AA.: "Arqueología del paisaje. El área Bocelo-Furelos entre los tiempos paleolíticos y medievales". Xunta de Galicia, ano 1991.

Outros elementos do catálogo