Antepeito de ventá en Zas de Rei

Antepeito de ventá en Zas de Rei

Información

Tipo: 
Elemento singular
Acceso a pé: 
Bo
Estado de conservación: 
Regular
Concello - Parroquia: 
Melide - San Xiao de Zas de Rei
Situación detallada: 
San Xiao
Cronoloxía: 
Indeterminada

Coordenadas

Latitude: 
42º 56´ 32,62´´ N
Lonxitude: 
8º 3´ 7,10´´ W
X: 
577.344,48
Y: 
4.754.853,74
Indicacións: 

© dos colaboradores do OpenStreetMap

Descrición

Na aldea de San Xiao de Zas de Rei existe unha edificación de planta baixa que linda coa pista que atravesa a aldea. Nunha fachada lateral realizada en aparello de cachotaría con diversas reformas feitas con ladrillo e cemento, atopámonos cunha ventá de pedra que conta cun antepeito ou fronte que se corresponde manifestamente cunha peza reaproveitada dunha arquitectura anterior e claramente señorial. Semella tratarse dunha ménsula dunha balconada ou doutro tipo de elemento análogo, concibido para amosarse de perfil e cunha intencionalidade decorativa.

Este tipo de elementos sustentantes, que contan cunha parte encastrada na parede e outra sobrevoada, como poden son os canzorros das igrexas ou as ménsulas de soporte de solainas e de balcóns, poden contar con decoración frontal e lateral, tal é o caso desta peza. aínda que probablemente o seu fronte, encastrado no aparello de cachote do muro, tamén conte con ornamentación.

A parte que vemos presenta un perfil curvilíneo e convexo que conta cunha cenefa rematada por un roleo na súa parte superior e por un círculo ou disco na inferior. Sucédelle á cenefa un campo rebaixado a xeito de oco-relevo cunha feitura tendente a un triángulo rectángulo invertido cun dos seus tres lados debuxando unha liña arqueada por adecuación á cenefa exterior.

Descoñécese a procedencia orixinal deste elemento pero todo apunta a unha edificación nobiliar ou pacega; dato que non é de estrañar posto que a parroquia de San Xiao de Zas de Rei destaca polo seu pasado fidalgo, do que aínda quedan testemuñas nos tres pazos ou casas nobres que aínda conserva: a Casa de Lago, a Casa de Roiriz e a Casas de Panadeiros.

Outros elementos do catálogo