Ponte nova de Arcediago
Información
Coordenadas
© dos colaboradores do OpenStreetMap
Galería
Descrición
Trátase dunha ponte monumental que se ergue sobre o río Ulla, duns 45m. de longo e unha anchura de 6 m. Edificouse no ano 1867, durante o reinado da raíña Isabel II, coincidindo coa construción da estrada Betanzos-Ourense. Conta con tres arcos rebaixados, asentados sobre piares de tallamares de sección semicircular. Está realizada en aparello de cantería de granito.
Tipoloxicamente é semellante á Ponte Nova de Furelos (tamén de tres arcos), levantada no ano 1861. Na mesma estrada tamén se construíron, no mesmo momento, as pontes de Trasmundi e de a Moldes.
A 70 m. de distancia augas arriba, vese como o río Furelos desemboca no río Ulla, dando lugar a un incremento considerable tanto do caudal de auga como da cunca fluvial.
BIBLIOGRAFÍA:
- Broz Rei, Xosé Manuel: "Santiso na Terra de Abeancos, ano 2013.