Castro Pedro

Castro Pedro

Información

Tipo: 
Elemento arqueolóxico
Acceso a pé: 
Bo
Estado de conservación: 
Bo
Concello - Parroquia: 
Melide - San Pedro de Folladela
Situación detallada: 
Xusto entre a divisoria das parroquias de San Pedro de Folladela, Melide e Santa María de Ordes, Toques
Cronoloxía: 
Idade do Ferro- Romanización. Século VII a.C.- II d.C.

Coordenadas

Latitude: 
42º 57´ 45,52´´ N
Lonxitude: 
8º 0´ 6,20´´ W
X: 
581.421,68
Y: 
4.757.150,10

© dos colaboradores do OpenStreetMap

Descrición

O castro Pedro emprázase no cume dun esporón meridional da Serra do Bocelo, a unha altitude de 650m. Polo seu emprazamento tan ben escollido conta cunhas condicións defensivas naturais óptimas, ó mesmo tempo que goza dun amplísimo domino visual. Trátase dun castro moi destacado na paisaxe, ó igual que o castro de Vilamor (Toques). 

Consta de dous recintos, a croa ou acrópole de forma ovalada e duns 60m en sentido norte-sur  e duns 50m. no sentido leste-oeste, ademais dun antecastro que lle sucede polo norleste, norte e oeste, o que lle outorga unha maior superficie ó asentamento, acadando dese xeito uns 95m., globais, en sentido norte-sur, e uns 90 m. en sentido leste-oeste.

A croa está defendida por un parapeto duns 5 metros de altura, mentres que o antecastro deféndese mediante un terraplén dus 6 m. de altura, rematando nun foxo. Tanto no interior da croa como nos extremos sur  e leste da mesma afloran penerías de granito, feito que contribúe a reforzar as condicións de defensa, posto que a súa presenza determinou en boa medida a disposición das liñas de fortificación artificiais.

O castro atópase colonizado por monte baixo e por eucaliptos de repoboación recente na vertente sur.

BIBLIOGRAFÍA:

- González Méndez, Matilde: "La revalorización del patrimonio arqueológico. La definición de un programa para el ayuntamiento de Toques, A Coruña". Xunta de Galicia, ano 2000.

- López Cuevillas, Florentino: "Prehistoria de Melide" en "Terra de Melide". Seminario de Estudios Galegos, ano 1933.

- VV.AA.: "Arqueología del paisaje. El área Bocelo-Furelos entre los tiempos paleolíticos y medievales". Xunta de Galicia, ano 1991.

 

Outros elementos do catálogo