Escudo da Igrexa de San Paio de Paradela

Escudo da Igrexa de San Paio de Paradela

Información

Tipo: 
Elemento singular
Acceso a pé: 
Bo
Estado de conservación: 
Bo
Concello - Parroquia: 
Toques - San Paio de Paradela
Situación detallada: 
Igrexa de San Paio de Paradela, Toques
Cronoloxía: 
Século XVI?

Coordenadas

Latitude: 
42º 58´ 42,72´´ N
Lonxitude: 
7º 57´ 19,06´´ W
X: 
585.182,19
Y: 
4.758.960,27
Indicacións: 

© dos colaboradores do OpenStreetMap

Descrición

Trátase dun escudo que conta con moita importancia documental, posto que se corresponde co emblema da Abadía Bieita de San Martiño Pinario (de Santiago de Compostela), e que se gravaba nos inmobles da súa propiedade.

Este en concreto atópase situado no lenzo exterior sur do presbiterio da igrexa parroquial. O feito de atoparse presente nesta igrexa, refeita no século XIX, indica que pertencía ó Priorado de San Antoíño de Toques, dependente da Abadía compostelá a partir de ano 1515.

No escudo represéntanse os emblemas de San Martiño Pinario consistentes nas iniciais S M (San Martiño) situadas a ambos lados dun piñeiro manso, plantado nun cesto que simboliza o tributo de troitas que lle tiñan que pagar anualmente os franciscanos de Santiago ós monxes bieitos de San Martiño Pinario por cederlles os terreos para a edificación do convento compostelán (promovido polo propio San Francisco de Asís, despois de peregrinar a Santiago e grazas ás argucias do carboeiro Cotolai). A ambos lados do piñeiro, debaixo das iniciais S e M, aparecen dúas cunchas de vieira, ou veneras, que falan da peregrinaxe a Santiago.

No concello de Toques atopámonos con outro escudo das mesmas características, situado na fachada principal da actual Casa do Concello, procedente da vella Casa Consistorial, que se farían con el unha vez que se abandona o mosteiro de San Antoíño por mor da Desamortización.

Actualmente este emblema correspóndese co escudo municipal do Concello de Toques.

BIBLIOGRAFÍA:

- Broz Rei, Xosé Manuel: "A nobreza da Terra de Melide". Boletín nº 5 do Centro de Estudios Melidenses-Museo da Terra de Melide, ano 1990.

- Broz Rei, Xosé Manuel: "A Terra de Melide de Xosé Manuel Broz Rei", ano 2001.

- Broz Rei, Xosé Manuel: "Santantoíño de Toques", ano 2011.

 

Outros elementos do catálogo