Cruceiro das Cazallas

Cruceiro das Cazallas

Información

Tipo: 
Cruceiro
Acceso a pé: 
Bo
Estado de conservación: 
Bo
Concello - Parroquia: 
Melide - San Tomé de Castro
Situación detallada: 
As Cazallas
Cronoloxía: 
Século XVIII

Coordenadas

Latitude: 
42º 55´ 35,05´´ N
Lonxitude: 
8º 1´ 35,14´´ W
X: 
579.449,10
Y: 
4.753.101,66

© dos colaboradores do OpenStreetMap

Descrición

Este cruceiro atopámolo na marxe dereita da pista que vai desde a igrexa parroquial das Cazallas ata Cabanelas, nun pequeno entrante ou recanto, que o protexe e ampara do tráfico rodado.

Este cruceiro é bastante orixinal posto que está erguido sobre unha plataforma a modo de altar, sobre a que descansa o pedestal do cruceiro, moldurado e carente de decoración. Sobre este pedestal desenlvólvese o fuste de sección octogonal moi esbelto, precedendo a un colariño, de sección igualmente octogonal que serve de base do capitel que é de estilo derivado do composto, con follas, anxos e volutas nas esquinas.

Xa como remate sitúase a cruz de feitura sinxela, na que está labrado un Cristo en altoreleve, cravado na cruz, semellando estar vivo a xulgar pola expresión da boca. No reverso, a cruz aparece baleira. 

Polo San Xosé (patrón da parroquia), pola Sagrada Familia (o primeiro domingo de setembro) e na festividade do Corpus, faise procesión ata el.

BIBLIOGRAFÍA:

- Broz Rei, Xosé Manuel: "Os Cruceiros da Terra de Melide . Boletín nº 2 do Centro de Estudios Melidenses-Museo da Terra de Melide, ano 1983.

- Broz Rei, Xosé Manuel: "A Terra de Melide de Xosé Manuel Broz Rei", ano 2001.

 

 

Outros elementos do catálogo