Igrexa vella de Santa María de Vimianzo

Igrexa vella de Santa María de Vimianzo

Información

Tipo: 
Arquitectura relixiosa
Acceso a pé: 
Bo
Estado de conservación: 
Malo
Concello - Parroquia: 
Santiso - Santa María de Vimianzo
Situación detallada: 
Vimianzo, Santa María de Vimianzo
Cronoloxía: 
Século XVIII

Coordenadas

Latitude: 
42º 52´ 54,27´´ N
Lonxitude: 
8º 0´ 6,60´´ W
X: 
581.515,10
Y: 
4.748.165,72
Indicacións: 

© dos colaboradores do OpenStreetMap

Descrición

No lugar de Vimianzo, onde rematan as casas, atopámonos coa antiga igrexa parroquial, hoxe en estado de abandono e ruína. En datas recentes edificouse unha nova á entrada do pobo, para substituir á vella igrexa por considerala de pequenas dimensións. O vello edificio presenta pranta rectangular, dunha soa nave, á que lle sucede o presbiterio e a sancristía, conformando os tres elementos un único eixo direccional.

A fachada está realizada en aparello de canteiría de granito. Nela ábrese unha porta alintelada e sobre ela disponse unha pequena xanela abocinada, aberta para darlle luz á tribuna. Sobre a xanela érguese unha espadana cunha soa troneira para acoller a campá, na actualidade carente dela, e coroada por tres pináculos rematados con bolas, propios da arquitectura Barroca. Os demais lenzos murarios presentan recebo encalado.

O retablo principal, do século XVIII, trasladouse á nova igrexa. 

A pesar de tratarse un templo en desuso, non se debería permitir a súa ruína.

BIBLIOGRAFÍA:

- Broz Rei, Xosé Manuel: "Santiso na Terra de Abeancos", ano 2013.

 

Outros elementos do catálogo