Cruceiro de Novela

Información

Tipo: 
Cruceiro
Acceso a pé: 
Bo
Estado de conservación: 
Bo
Concello - Parroquia: 
Santiso - Santa María de Novela
Cronoloxía: 
Século XVII

Coordenadas

Latitude: 
42º 52´ 25,40´´ N
Lonxitude: 
8º 3´ 21´´ W
X: 
577.113
Y: 
4.747.223,70

© dos colaboradores do OpenStreetMap

Descrición

Este cruceiro atópase na carballeira do campo da festa. Os carballos dispóñense aliñados conformando un paseo que parte da Capela da Santa Cruz e leva ata a igrexa parroquial, situándose no medio deste paseo o cruceiro.

O cruceiro consta de seis elementos: cruz, capitel, fuste, pedestal, plataforma e pousadoiro ou mesa. A cruz é figurada representando a Cristo crucificado por un lado, e polo outro á Virxe en oración sobre un anxo. O capitel é derivado do composto (representa follas, volutas e anxos). O fuste é estriado. O pedestal é de forma troncopiramidal e representa os atributos da paixón ós lados (tenaces, tres cravos, martelo, escada, coroa, hisopo, palma, ademais dun sapo e dunha píntega), nos catro ángulos represéntanse catro caveiras. Esta basa ou pedestal érguese sobre unha plataforma conformada por catro gradas ou chanzos. Na cara sur sitúase unha mesa de altar ou pousadorio no remate da escalinata, que ten gravada a data de 1882 (posiblemente se corresponda coa data de colocación e fabricación do pousadoiro, xa que a tipoloxía e estilo deste cruceiro é manifestamente anterior).

Este fermosos cruceiro está emparentado tipolóxicamente co de Ordes (Toques) e o de Baltar (Melide).

BIBLIOGRAFÍA:

- Broz Rei, Xosé Manuel: "Os Cruceiros da Terra de Melide". Boletín nº 2 do Centro de Estudios Melidenses-Museo da Terra de Melide, ano 1983.

- Broz Rei, Xosé Manuel: "A Terra de Melide de Xosé Manuel Broz Rei", ano 2001.

- Broz Rei, Xosé Manuel: "Santiso na Terra de Abeancos", ano 2013.

- Martínez Risco, Vicente: "Estudo etnográfico da Terra de Melide" en "Terra de Melide". Seminario de Estudios Galegos, ano 1933.

 

Outros elementos do catálogo