Cruceiro de Zas de Rei

Cruceiro de Zas de Rei

Información

Tipo: 
Cruceiro
Acceso a pé: 
Bo
Estado de conservación: 
Malo
Concello - Parroquia: 
Melide - San Xiao de Zas de Rei
Situación detallada: 
San Xiao
Cronoloxía: 
Século XIX

Coordenadas

Latitude: 
42º 56´ 39,68´´ N
Lonxitude: 
8º 2´ 57,73´´ W
X: 
577.554,58
Y: 
4.755.073,94
Indicacións: 

© dos colaboradores do OpenStreetMap

Descrición

O cruceiro de Zas de Rei sitúase nunha encrucillada de camiños moi próxima á igrexa, ó leste da mesma. Este cruceiro consta de seis elementos: plataforma, pousadoiro, pdestal, fuste, capitel e cruz.

Por estar situado nunha encrucillada pola que se produce bastante tráfico rodado de vehículos e maquinaria agrícola, a súa plataforma ou basamento escalonado sufriu numerosos danos especialmente nos chanzos inferiores, desplazando pezas, producindo perdas dalgunhas e provocando fracturas nos extremos das gradas, como pode apreciarse especialmente nos laterais norte, leste e sur.

A plataforma presenta cinco gradas ou chanzos en disposición decrecente en tronco de pirámide, realizada en aparello de lousas planas e cachotaría. No extremo leste da escalinata intégrase o pousadoiro ou altar, realizado en aparello de canteiría, de feitura cadrangular e bastante tosca.

A basa ou pedestal é de forma troncopiramidal, rematado por unha moldura de perfil de baquetón. 

O varal ou fuste é liso e de sección octogonal.

O capitel é moldurado e ten a particularidade de estar colocado en posición invertida.

Por último a cruz é de realización recente, presentando caras lisas, sen ornamentación nin figuración.

Este cruceiro correspóndese coa "tipoloxía E", establecida por Xosé Manuel Broz, no seu estudio dos cruceiros da Terra de Melide, e trátase da máis abundante na Comarca, que se corresponde con cruceiros de características sinxelas carentes de figuración, que datan entre finais do século XVIII e inicios do século XX, xeralizándose fundamentalmente no século XIX.

BIBLIOGRAFÍA:

- Broz Rei, Xosé Manuel: "Os cruceiros da Terra de Melide". Publicado no Boletín nº 2 do Centro de Estudos Melidenses-Museo da Terra de Melide, ano 1983.

- Broz Rei, Xosé Manuel: "A Terra de Melide", publicado no ano 2001.

Outros elementos do catálogo