Cruceiro dos Ánxeles

Cruceiro dos Ánxeles

Información

Tipo: 
Cruceiro
Acceso a pé: 
Bo
Estado de conservación: 
Bo
Concello - Parroquia: 
Melide - Santa María dos Ánxeles
Situación detallada: 
Santa María dos Ánxeles (Melide)
Cronoloxía: 
Século XVIII

Coordenadas

Latitude: 
42º 55´ 45,06´´ N
Lonxitude: 
8º 1´ 0,40´´ W
X: 
580.233
Y: 
4.753.419,58

© dos colaboradores do OpenStreetMap

Descrición

O cruceiro sitúase a 150 m. ó oeste-suroeste da igrexa parroquial de Santa María dos Ánxeles, e ó carón dunha carballeira de plantación ordeada, constituída por dúas ringleiras de carballos. Este cruceiro consta de catro elementos ou partes (escalinata, basa, fuste e cruz).

A escalinata de composición trocopiramidal, confórmase de catro gradas decrecentes rematadas en perfil abocelado.

A basa, ou pedestal presenta feitura igualmente troncopiramidal, e nela represéntanse os atributos da paixón de Cristo (tenaces, tres cravos, martelo, lagarto, palma, serpe, hisopo, coroa de espiñas e escada). Na cara leste do pedestal adósaselle un pequeno pousadoiro ou altar.

O fuste é de sección octogonal na vara, aínda que os extremos son de sección cadrada, presenta na súa base (no lado leste, mirando cara a igrexa) unha custodia ou viril, en relevo, que se asocia coa festividade do Corpus Christi.

O capitel é moldurado e carente de figuración e decoración.

A cruz tamén carece de figuración. Presenta  aristas achafranadas e extremos florenzados.

Nas festividades da Pascua, do Corpus Christi e da patroa da parroquia (Santa María, celebrada o 15 de agosto) faise procesión dende a igrexa ata o cruceiro. No Corpus Christi ademais adórnase con arcos florais.  

BIBLIOGRAFÍA:

- Broz Rei, Xosé Manuel: "Os Cruceiros da Terra de Melide". Boletín nº 2 do Centro de Estudios Melidenses-Museo da Terra de Melide, ano 1983.

- Broz Rei, Xosé Manuel: "A Terra de Melide de Xosé Manuel Broz Rei", ano 2001.

Outros elementos do catálogo