Fábrica de curtidos de Furelos

Información

Tipo: 
Arquitectura industrial
Acceso a pé: 
Bo
Estado de conservación: 
Malo
Concello - Parroquia: 
Melide - San Xoán de Furelos
Situación detallada: 
O Folicheiro
Cronoloxía: 
Século XIX

Coordenadas

Latitude: 
42º 54´ 17´´ N
Lonxitude: 
8º 0´ 11,60´´ W
X: 
581.371
Y: 
4.750.715

© dos colaboradores do OpenStreetMap

Descrición

A fábrica de Furelos trátase dunha espectacular edificación preindustrial dedicada ó tratamento e curtiduría de peles, situada na marxe sur do Río Furelos.

Foi fundada polo escribán Don Andrés Varela das Seixas no ano 1817, e mantense en funcionamento ata a década de 1960. O último propietario foi o crego Don Ricardo Sánchez Varela, tataraneto do citado escribán.

A fábrica correspóndese cun moi amplo recinto pechado arredor do que se erguen os edificios. Consta dunha gran edificación en forma de L que se utiliza como vivenda, e de salas para os píos na planta baixa. No patio, adosados á vivenda dispóñense os lavadoiros das peles. No centro do patio ubícase unha fonte-lavadoiro e no extremo leste sitúase o depósito onde se almacenaba a casca de carballo, necesaria para obter o tanino para o curtido das peles. Fora deste conxunto pechado atopábase a horta que cultivaban os caseiros e un hórreo de tres estremas igualmente arruinado.

Estamos ante o máis destacado conxunto de arqueoloxía industrial da comarca, que se atopa nun lamentable estado de conservación, a pesar da relevancia que tivo durante máis de cen anos.

BIBLIOGRAFÍA:

- Broz Rei, Xosé Manuel: "Novas aportacións ó patrimonio de Melide: A fábrica de curtidos de Furelos". Boletín nº 18 do Centro de Estudios Melidenses-Museo da Terra de Melide, ano 2005.

- Vázquez Neira, Cristina e Broz Rodríguez, Xurxo: "Memoria do patrimonio desaparecido da Terra de Melide, 4ª parte: o patrimonio en perigo", xaneiro 2017.

 

 

Outros elementos do catálogo