Igrexa de Santa María de Campos

Igrexa de Santa María de Campos

Información

Tipo: 
Arquitectura relixiosa
Acceso a pé: 
Bo
Estado de conservación: 
Bo
Concello - Parroquia: 
Melide - Santa María de Campos
Situación detallada: 
Eirexe
Cronoloxía: 
Século XVIII

Coordenadas

Latitude: 
42º 54´ 3,53´´ N
Lonxitude: 
8º 2´ 40,27´´ W
X: 
578.004,84
Y: 
4.750.261,59
Indicacións: 

© dos colaboradores do OpenStreetMap

Descrición

O topónimo de Campos segundo aparece recollido por Nicandro Ares Vázquez, se cita nun documento da Catedral de Lugo con data de 14 de setembro de 1275. O templo parroquial sitúase nun lugar illado comprendido nun triángulo xeográfico, en cuxos vértices se sitúan as aldeas de Alvite, A Veiga e O Casal, pertencentes as tres a dita parroquia.

O carón da igrexa parroquial, a unha distancia de tan so 50 metros ó leste do templo, emprázase o Castro de Campos, e a unha distancia de 20 metros ó surleste, sitúase a carballeira na que se atopa o Cruceiro parroquial. Chama a atención o illamento desta igrexa respecto ó das parroquias veciñas, que se atopan inmersas na trama poboacional correspondente, tal son os casos das parroquias de San Cosme de Abeancos, San Martiño das Varelas ou a de Santa María de Melide.

Broz Rei documenta que esta igrexa foi reedificada no ano 1794, por Bartholomé Camoiras, segundo se recolle no libro de fábrica parroquial.

Polo exterior a igrexa chama a atención pola súa sinxeleza e pola brancura dos seus lenzos recebados e pintados. Estruturalmente artéllase en tres espazos: nave, presbiterio e Sancristía adosada ó presbiterio pola banda norte. O presbiterio destaca respecto ós outros dous espazos, por contar cunha maior elevación e polo seu tellado a catro augas.

Polo exterior non hai demasiado que destacar. No frontis ou fachada principal, ábrese unha porta sinxela acorde coa porta lateral do lado sur. Sobre a porta atópase unha ventá rectangular con derrame cara ó interior e remata o alzado unha espadana sinxela realizada en aparello de cantería de granito, cunha única troneira para acoller unha campá e remátase por senllos pináculos que flanquean un ápice coroado por unha cruz cimeira. Segundo refire Broz Rei noméase no Libro de Fábrica que foi realizada no ano 1731.

No interior destaca o arco triunfal de medio punto moi aberto executado con doelas de cantería de granito asentadas sobre impostas molduradas. Según documenta Broz Rei, en base ós libros de fábrica, o arco triunfal foi ensanchado en 1693, polo que dita obra se levou a cabo un século antes da reforma da fábrica efectuada no ano 1794 por encargo de Manuel López Varela (depositario dos caudais da fregresía ó mestre canteiro e mamposteiro Bartholomé Camoiras).

O retablos principal de estilo Neoclásico foi construído a finais do século XIX polo ebanista Gregorio Blanco, veciño de San Cibrao de Melide. Broz Rei documenta como a Capela Maior da igrexa ardeu na madrugada do 25 de decembro do ano 1891, perdéndose o retablo antigo e varias das imaxes, de aí a necesidade de realizar un novo retablo.

BIBLIOGRAFÍA:

- Ares Vázquez, Nicandro: “Onomástica parroquial do Concello de Melide”. Publicado no Boletín nº 8 do CEM-MTM, ano 1993.

- Broz Rei, Xosé Manuel: “As igrexas de Melide”. Publicado no Boletín nº 8 do CEM-MTM, ano 1993.

 

Outros elementos do catálogo