Fonte de Roiriz

Fonte de Roiriz

Información

Tipo: 
Fonte
Acceso a pé: 
Bo
Estado de conservación: 
Bo
Concello - Parroquia: 
Melide - San Xiao de Zas de Rei
Situación detallada: 
Roiriz
Cronoloxía: 
Indeterminada

Coordenadas

Latitude: 
42º 55´57´´ N
Lonxitude: 
8º 2´39,30´´ W
X: 
577.987,07
Y: 
4.753.761,93

© dos colaboradores do OpenStreetMap

Descrición

A fonte de Roiriz atopámola a uns oitenta metros ó surleste da Casa de Pardo de Roiriz, ó final dun camiño tradicional situado fronte ás ruínas da antiga capela da casa. 

Trátase dun característico exemplo de fonte de pozo, das que apenas levantan do chan. Esta fonte presenta unha feitura de arqueta cadrada realizada con aparello murario e parcialmente cuberta con dúas grandes lousas.  As augas teñen saída cara ó leste ó final do camiño e non van canalizadas, senón que verten directamente nos prados. 

Ó redor da fonte son frecuentes os loureiros, como ven sendo habitual nas fontes tradicionais, ademais de abundante vexetación autóctona.

Comentan os veciños de Roiriz que se trata dunha auga moi boa e saudable, que ten a particularidade de sair moi fresca no verán e tirando a morna no inverno. A pesar de gabar a calidade da auga, non se lle coñecen propiedades terapéuticas, nin milagreiras. 

Outros elementos do catálogo