Hórreo de Quinzán

Hórreo de Quinzán

Información

Tipo: 
Arquitectura popular
Acceso a pé: 
Bo
Estado de conservación: 
Moi bo
Concello - Parroquia: 
Santiso - San Paio de Niñodaguia
Situación detallada: 
Quinzán
Cronoloxía: 
Século XX

Coordenadas

Latitude: 
42º 51´48,09´´ N
Lonxitude: 
8º 1´ 49,16´´ W
X: 
579.214
Y: 
4.745.912

© dos colaboradores do OpenStreetMap

Descrición

Trátase do hórreo máis longo do Concello de Santiso, ó contar cunha lonxitude de 21m. e cun ancho de 2m.

O Hórreo de Quinzán artéllase en sete estremas (ou tramos). Pertence á propiedade da Casa de Quinzán e érguese na eira, ó carón do muro de peche que da á pista. A eira tamén se complementa cunha espectacular palleira tradicional de grandes dimensións.

O hórreo conta con columnas, tornaratos e pes (moldurados) de cantería, que se asentan sobre cepas de cachotería. A estrutura deste hórreo consta de elementos de carpintería de madeira como poden ser as portas, mesas, contracolumnas, ladeiros ou balagustos e puntóns.

O hórreo aparece nunha posición moi elevada, por mor do desnivel existente entre a eira e a pista que discorre ó carón dela.

Este magnífico hórreo que conta con sete estremas ó igual que os hórreos da Casa de Lago en Zas de Rei  e o da Casa Grande de Grobas (ambos no Concello de Melide),  só se ven superados na comarca polo hórreo da Casa do Gado en Sobrado dos Monxes, de once estremas e cunha lonxitude que supera os 25m.

BIBLIOGRAFÍA:

- Broz Rei, Xosé Manuel: "Santiso na Terra de Abeancos", ano 2013.

 

Outros elementos do catálogo