Hórreo en Marcoraos de Arriba.
Información
Coordenadas
© dos colaboradores do OpenStreetMap
Galería
Descrición
Na aldea de Marcoraos de Arriba podemos ver un exemplar de hórreo que se encadra na tipoloxía “M” que establece Xosé Manuel Broz Rei, no traballo “Etnografía de Melide”, que é nas que se inclúen aqueles hórreos construídos en madeira.
Neste caso de Marcoraos de Arriba vemos o modelo de hórreo no que prima a carpintería na súa construción. Trátase dun hórreo dunha soa estrema (tramo), con tellado a dúas augas e cuberto con tella curva “do país”.
A cámara está realizada enteiramente en madeira: ucheiras ou columnas, ladeiros (laterais) e tamén o piso.
A cámara descansa sobre pes rectangulares (o da banda oeste de pedra, e o da oriental en cemento, ou quizais en pedra reforzada con recebo) rematados por tornarratos de planta rectangular, realizados en pedra (gneis).
A porta ábrese pola banda occidental, á que se accede mediante unha escaleira de desenvolvemento moi alongado, constituída por chanzos de pedra, de cachotaría cos escalóns e tabicas recebados.
BIBLIOGRAFÍA:
-Broz Rei, Xosé Manuel: “Etnografía de Melide”. Boletín nº9 do Centro de Estudios Melidenses-Museo da Terra de Melide. 1995.
-Fraga García, Ramón: “Notas etnolingüísticas da Terra de Melide”. Boletín nº29 do Centro de Estudios Melidenses – Museo Da Terra de Melide. 2016.