Santuario de Santa Columba das Pías

Información

Tipo: 
Arquitectura relixiosa
Acceso a pé: 
Bo
Estado de conservación: 
Bo
Concello - Parroquia: 
Sobrado dos Monxes - San Miguel de Codesoso
Situación detallada: 
As Pías
Cronoloxía: 
Século XVII

Coordenadas

Latitude: 
43º 1´ 47,47´´ N
Lonxitude: 
7º 56´ 38,65´´ W
X: 
586.025,89
Y: 
4.764.670,72

© dos colaboradores do OpenStreetMap

Descrición

Trátase dun interesante conxunto monumental, composto por ermida, dous cruceiros e unha fonte santa, ademáis dunha carballeira, na que se destaca un carballo centenario ó que se lle atribúen propiedades milagreiras.

O elemento máis antigo do santuario correspóndese co cruceiro que está ó carón da ermida, que conta cunha inscrición na basa onde se le: “Mandó hacer a su costa Don Pedro de Barallobre, ano de 1614”.

A ermida, de planta rectangular edifícase entre 1670-1672. Presenta unha sancristía construída no século XIX e adosada no extremo norleste, e un oratorio externo, e igualmente adosado á ermida situado no extremo surleste, conformado como un porche, que se edifica no ano 1704.

A uns 50-60m. en dirección noroeste da ermida, sitúase a Fonte Santa de estilo barroco, onde se debe beber a  auga, ou lavarse nela, para poñerlle remedio ás máis diversas enfermidades.

Ademais do cruceiro da ermida hai outro na entrada do camiño ó carón da estrada, tamén erixido en época moderna, ó que lle adosaron no fuste unha imaxe actual da Virxe en oración, á que se lle acostuman colocar cirios e flores.

A fundación do santuario vai acompañada da constitución da confraría das Ánimas do Purgatorio, co beneficio da obtención das indulxencias plenarias (para a obtención do perdón dos pecados).

BIBLIOGRAFÍA:

- Cabanas López, Fernando: "Historia de Sobrado dos Monxes", ano 2001.

Outros elementos do catálogo