Lintel da casa de Prieto de Paradela

Lintel da casa de Prieto de Paradela

Información

Tipo: 
Elemento singular
Acceso a pé: 
Bo
Estado de conservación: 
Malo
Concello - Parroquia: 
Toques - San Paio de Paradela
Situación detallada: 
Paradela
Cronoloxía: 
Século XVI?

Coordenadas

Latitude: 
42º 58´ 45,71´´ N
Lonxitude: 
7º 57´ 6,47´´ W
X: 
585.466,30
Y: 
4.759.056,27

© dos colaboradores do OpenStreetMap

Descrición

Trátase dunha porta antiga dunha edificación tradicional feita en aparello de cachotería, aínda que os elementos da porta son de cantería de granito (xambas, mochetas e lintel). Correspóndese cun modelo de porta antiga, moi frecuente nas aldeas da comarca, o máis destacado desta é que sobre as mochetas ou ménsulas aséntase un lintel figurado moi enigmático.

Os motivos representados, nunha data incerta, son do máis estraño. Na parte central aparece representada unha cruz grega (de brazos iguais),  á dereita aparece a representación dun bóvido (vaca ou boi) e á esquerda aparece a representación dunha media lúa invertida, a esquematización de tres estrelas de oito puntas e unha estrela de cinco puntas (pentagrama ou pentáculo), cunha cruz gravada no interior. Nas xambas, e nunha das mochetas, existen máis representacións de cruces. Neste caso latinas.

As posibilidades interpretativas son múltiples, pero todo indica unha función protectora, posto que estes símbolos asócianse a funcións de protección máxica, como acontece en muíños e fornos, nos que se gravan cruces en xambas e linteis, aínda que neste caso a simboloxía é máis rica e complexa.

BIBLIOGRAFÍA:

- Broz Rei, Xosé Manuel: "Santantoíño de Toques", ano 2011.

- Vázquez Neira, Cristina e Broz Rodríguez, Xurxo: "Memoria do patrimonio desaparecido de Melide 4ª parte: o patrimonio en perigo". Artigo publicado no blog do Museo da Terra de Melide, xaneiro 2017.

 

Outros elementos do catálogo