Mámoa 1 da necrópole de Monte Grande ou do Grupo Richinol.

Mámoa 1 da necrópole de Monte Grande ou do Grupo Richinol.

Información

Tipo: 
Elemento arqueolóxico
Acceso a pé: 
Bo
Estado de conservación: 
Regular
Concello - Parroquia: 
Melide - San Martiño de Moldes
Situación detallada: 
Proximidade do campo de fútbol de Melide
Cronoloxía: 
3500-2200 a.C.

Coordenadas

Latitude: 
42º 53´ 51,60´´ N
Lonxitude: 
8º 1´ 5,65´´ W
X: 
580.155
Y: 
4.749.919
Indicacións: 

© dos colaboradores do OpenStreetMap

Descrición

Esta mámoa ou túmulo prehistórico é un dos exemplos deste tipo máis cercanos á vila de Melide, xa que tan só dista 1,81 km dende o Cruce de Melide e somentes a 200 metros ó surleste do campo de fútbol municipal.

No Terra de Melide elaborado polo Seminario de Estudos Galegos o prehistoriador Florentino V. Cuevillas xa fai mención á necrópole do Rechinol, referindo que estaba conformada por tres mámoas (das que na actualidade somentes se conservan dúas).

Este túmulo resulta fácilmente identificable, a pesar de estar totalmente cuberto por mesta vexetación de monte baixo, principalmente de toxos. Conta cunhas dimensións duns 20 metros de diámetro e cunha altura de 1,80 metros. No centro presenta un cono ou cráter de violación, que non resulta visible na actualidade debido á abundancia da vexetación. Pola súa marxe oeste discorre o trazado da vella estrada de Agolada, cuxa calzada se atopa nun plano bastante máis baixo (semella que cando axustaron o noiro lateral da estrada se rebanou parte da base do túmulo).

A segunda das mámoas conservadas da necrópole pode verse por detrás dun aserradoiro de madeira, aínda que o seu perfil resulta bastante raro pola súa forma “picuda” motivada por aportes de terra e entullos.

BIBLIOGRAFÍA:

- López Cuevillas, Florentino: "Prehistoria de Melide" en "Terra de Melide". Seminario de Estudios Galegos, ano 1933.

 

Outros elementos do catálogo