Mámoa 1 de Serantes
Información
Tipo:
Elemento arqueolóxico
Acceso a pé:
Bo
Estado de conservación:
Regular
Concello - Parroquia:
Santiso - Santaia de Serantes
Situación detallada:
Xusto na divisoria entre as parroquias de Santa Eulalia de Serantes (Santiso) e San Martiño de Moldes (Melide).
Cronoloxía:
3500-2200 A.C.
Coordenadas
Latitude:
42º 52´ 32´´ N
Lonxitude:
8º 2´ 13´´ W
X:
578.650
Y:
4.747.446
© dos colaboradores do OpenStreetMap
Galería
Descrición
Gran mámoa situada a 144 m. ó oeste-noroeste do Castro de Serantes, e a 52 m. ó noroeste dunha mámoa practicamente arrasada por unha pista da parcelaria, da que só se conserva o arco tumular leste.
Trátase posiblemente dunha das mámoas máis grandes do territorio galego, e en concreto é a meirande da Terra de Melide.
Mide 40 m. de diámetro e ten unha altura que sobrepasa os 4 m. e incluso os 5m. Presenta un amplo cono de violación central e recentemente foi roturada e plantada de eucaliptos, incluído no interior do cono. Non se observan estruturas pétreas en superficie (da coiraza ou da cámara funeraria).