Pena Moura

Pena Moura

Información

Tipo: 
Patrimonio natural
Acceso a pé: 
Bo
Estado de conservación: 
Bo
Concello - Parroquia: 
Sobrado dos Monxes - San Mamede de Pousada
Situación detallada: 
Moi próxima á aldea da Moruxosa en Toques
Cronoloxía: 
Sen definir

Coordenadas

Latitude: 
43º 0´ 37,83´´ N
Lonxitude: 
7º 59´ 4,13´´ W
X: 
582.759,55
Y: 
4.762.481,92

© dos colaboradores do OpenStreetMap

Descrición

Enorme bolo granítico de forma ovoide de 11,20 m. de altura, asentado sobre un encame de gneis en forma de niño ou berce. Ó sur da pena principal áchanse outros bolos monumentais, aínda que de menor entidade, encabalgados conformando un abrigo natural, moi susceptible de poder corresponderse cun abrigo ou hábitat do Paleolítico Superior Final ou do Epipaleolítico, xa que neses estadios culturais aproveitábanse estes acubillos como lugar de habitación.

Este elemento conta cunha grande dimensión cultural, posto que aínda que a súa formación é de orixe natural, producida por axentes erosivos, a el asóciase un rico folclore vinculado ó imaxinario popular dos mouros e a lendas de tesouros, recollidas en boa parte por Vicente Risco e Amador Rodríguez Martínez no capítulo "Folclore de Melide" do Terra de Melide (Seminario de Estudios Galegos, ano 1933). Destas repróducense algunhas no audio desta ficha.

A dimensión máxica e cultual desta formación tan destacada, vai posiblemente asociada ó feito de atoparse no alto dunha dorsal, na que se dispoñen aliñadas un total de 16 mámoas, e pola que discorre o trazado do Camiño Real do Bocelo (que comunica Melide e Boimorto con Sobrado dos Monxes, atravesando o Concello de Toques). A asociación entre mámoas e grandes afloramentos de rocha, probablemente servise para destacar a presenza dos monumentos megalíticos dende grandes distancias, como se ten apuntado en hipóteses de arqueoloxía da paisaxe.

BIBLIOGRAFÍA:

- Martínez Risco, Vicente e Rodríguez Martínez, Amador: "Folklore de Melide" en "Terra de Melide". Seminario de Estudios Galegos, ano 1933.

- Río López, Antonio: "La Cultura Castreña en Sobrado de los Monjes", ano 1986.

Outros elementos do catálogo