Ponte do Leboreiro

Información

Tipo: 
Ponte
Acceso a pé: 
Bo
Estado de conservación: 
Bo
Concello - Parroquia: 
Melide - Santa María do Leboreiro
Cronoloxía: 
Século XIV?

Coordenadas

Latitude: 
42º 53´ 22,85´´ N
Lonxitude: 
7º 58´ W
X: 
584.331
Y: 
4.749.081

© dos colaboradores do OpenStreetMap

Descrición

Ponte de orixe medieval situada sobre o Río Seco (afluente do Ulla). Trátase dunha ponte dun so arco de medio punto, con doelas de cantería. Da obra orixinal so se conserva o arco, posto que boa parte dos estribos, os peitorís e a calzada son obra do ano 1984, cando se restaurou a ponte.

Esta ponte atópase no propio itinerario do Camiño Francés, ó igual que a Ponte Vella de Furelos (datada no século XII). Estas dúas pontes son de edificación medieval, foron coñecidas popularmente como “pontes romanas”, a pesar de que a súa fábrica é de tipoloxía propiamente medieval e de que por ese trazado non discorría ningunha vía romana coñecida.

BIBLIOGRAFÍA:

- Broz Rei, Xosé Manuel: "O Románico na Terra de Melide no Camiño de Santiago". Boletín nº 7 do Centro de Estudios Melidenses-Museo da Terra de Melide, ano 1992.

- Broz Rei, Xosé Manuel: "A Terra de Melide de Xosé Manuel Broz Rei", ano 2001.

 

Outros elementos do catálogo