Ponte dos Freires ou de Moldes

Ponte dos Freires ou de Moldes

Información

Tipo: 
Ponte
Acceso a pé: 
Bo
Estado de conservación: 
Bo
Concello - Parroquia: 
Melide - San Cosme de Abeancos
Situación detallada: 
A Rivas, San Cosme
Cronoloxía: 
Século XIX

Coordenadas

Latitude: 
42º 53´ 48,60´´ N
Lonxitude: 
8º 1´ 36,85´´ W
X: 
579.448,49
Y: 
4.749.817,64

© dos colaboradores do OpenStreetMap

Descrición

Ponte edificada durante o reinado da raíña Isabel II, no ano 1867, ó trazarse a estrada que ía de Betanzos a Lalín, sobre o curso baixo do río Catasol, afluente do Furelos. 

Trátase dunha sólida ponte construída en aparello de sillería ou perpiaños de granito. Presenta un único arco de tipo rebaixado que se apoia en sendos estribos achafranados con esquinas redondeadas. Os peitorís tamén están constituídos por grandes sillares coroados por unhas albardillas alombadas.

Esta ponte aseméllase moito ás pontes do Barreiro e de Trasmundi, as tres da mesma época e as tres sobre o río Catasol. Tamén da mesma data é a Ponte Nova de Arcediago, sobre o río Ulla, aínda que esta última consta de tres arcos ó serm moito maior o cauce deste río.

BIBLIOGRAFÍA:

- Broz Rei, Xosé Manuel: "Novas aportacións ó patrimonio da Terra de Melide: O Río Catasol". Boletín nº 24 do Centro de Estudios Melidenses-Museo da Terra de Melide, ano 2011.

 

Outros elementos do catálogo