Ponte nova de Furelos

Información

Tipo: 
Ponte
Acceso a pé: 
Bo
Estado de conservación: 
Regular
Concello - Parroquia: 
Melide - San Xoán de Furelos
Cronoloxía: 
1861

Coordenadas

Latitude: 
42º 54´ 36,95´´ N
Lonxitude: 
7º 59´ 39,01´´ W
X: 
582.103,22
Y: 
4.751.340,52

© dos colaboradores do OpenStreetMap

Descrición

Esta ponte foi edificada no ano 1861 sobre o río Furelos, durante o reinado da raíña Isabel II, cando se realizou a estrada que une Lugo con Santiago de Compostela. Este dato confírmase nas inscricións existentes en dous sillares situados nos peitorís superiores da ponte, nun deles lese: «Reinado de Isabel II» e noutro: «Año de 1861».

Trátase dunha ponte moi monumental, que mide 22 m. de longo por 6,5 m. de ancho. Consta de tres potentes arcos de medio punto que descansan sobre os correspondentes estribos laterais, e sobre dous piares con tallamares de sección semicircular. Toda a fábrica é de aparello de perpiaño (sillares) de cantería de granito.

Na estrada Lugo-Santiago, ao seu paso polo Concello de Melide, vemos outra ponte, dun só arco erguida no mesmo ano 1861, trátase da ponte do Barreiro, sobre o río Catasol.

A Ponte Nova de Furelos aseméllase á Ponte Nova de Arcediago (no concello de Santiso), sobre o río Ulla, e que foi construída no ano 1867.

 

 

 

Outros elementos do catálogo