Pontella de Vilariño

Pontella de Vilariño

Información

Tipo: 
Ponte
Acceso a pé: 
Bo
Estado de conservación: 
Bo
Concello - Parroquia: 
Melide - San Xiao de Zas de Rei
Situación detallada: 
Vilariño
Cronoloxía: 
Indeterminada

Coordenadas

Latitude: 
42º 56´ 28,78´´ N
Lonxitude: 
8º 2´ 25,20´´ W
X: 
578.295,48
Y: 
4.754.746,11

© dos colaboradores do OpenStreetMap

Descrición

A pontiga, ou pontella de Vilariño, foi construída para salvar o cauce do río Catasol, nunha zona de moi escasa fondura. Trátase dunha ponte de arquitectura moi sinxela de constitución arquitrabada, composta por catro grandes lousas dispostas máis ou menos en horizontal, que van apoiadas sobre tres grandes pedras fincadas no leito do río.

Pola súa estreitez este tipo de pontellas foron concibidas basicamente para o paso de persoas, dado que os animais e os carros cruzarían directamente polo rego, debido á escasa fondura que presentan os regatos nos lugares de paso. En caso de enchente, os animais poderían pasar sobre as pedras, facendo equilibrio e guiados polo arrieiro.

No río Catasol hai máis exemplos de pontellas deste tipo, como poden ser as dúas existentes na aldea de Vilaverde (parroquia de Pedrouzos), sobre o curso do rego de Albariño, que desauga no Catasol a pouco máis de oitocentos metros augas arriba da pontella de Vilariño. Ou a ponte de Raído situada na parroquia de Santa María de Melide, no trazado do Camiño Francés. 

BIBLIOGRAFÍA:

- Broz Rei, Xosé Manuel: "Novas aportacións ó patrimonio da Terra de Melide: O Río Catasol". Boletín nº 24 do Centro de Estudios Melidenses-Museo da Terra de Melide, ano 2011.

 

Outros elementos do catálogo